Os concertos do Xacobeo levan a Los Brincos a Vilanova de Arousa

Os Concertos do Xacobeo, que comezaron en maio, suman xa máis de 350 artistas en máis de 50 localidades galegas. Máis de 2.000 peregrinos coinciden en Vilanova nun só día, no marco do ano Xacobeo

Brincos_1
photo_camera Presentación do concerto de Los Brincos. DP

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán e o tenente alcalde, Javier Tourís, participaron hoxe na presentación do concerto de Los Brincos que terá lugar o día 20 de agosto na localidade no marco dos Concertos do Xacobeo.

Los Brincos chegarán á Praza do Mercado de Vilanova de Arousa ás 21.30 horas con entrada de balde. Os asistentes poderán gozar de cinco décadas de historia e éxitos como "Lola", "Un sorbito de Champagne", ou "Flamenco",  entre outros.

López afirmou que esta iniciativa da Xunta de Galicia está a ser "todo un éxito". O delegado valorou a distribución dos diferentes espectáculos culturais, artísticos e deportivos programados nas distintas vilas e cidades da nosa comunidade, o que posibilita que todas as comarcas de Galicia poidan achegarse a esta celebración e beneficiarse das distintas propostas.

“Grazas a iniciativas coma estas, nas que xeramos sinerxías con outras administracións, conseguimos a presenza de artistas de renome noso territorio, e con isto promovémolo turística e culturalmente”, manifestou López.

Os Concertos do Xacobeo manteñen unha programación de música en vivo, con máis de 100 acontecementos por toda Galicia entre os meses de maio e novembro deste ano. É unha iniciativa da Xunta de Galicia dentro das actividades do Xacobeo. Neste programa de concertos participan máis de 350 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos, para todas as idades e para todos os gustos. Están repartidos por 50 localidades galegas.

Coinciden máis de 2.000 peregrinos en Vilanova de Arousa

As actividades do Xacobeo destinadas á promoción do turismo están dando o seu froito na vila. Este pasado domingo chegaron 700 mozos peregrinos á localidade e este luns achegáronse sobre 1.200 máis, polo que estase a observar unha afluencia de este tipo de visitantes que facía moito tempo que non se vía no municipio. "Van a coincidir por lo menos 2.000 peregrinos en Vilanova, cosa que hace un par de años era impensable. Mar de Santiago ha entrado fuerte en el Xacobeo", explica Gonzalo Durán.

Luis López, Gonzalo Durán eregrinos en Vilanova de Arousa. DP
Luis López, Gonzalo Durán, Javier Tourís e peregrinos en Vilanova de Arousa. DP

"Recibir tanta visita supone para Vilanova ponernos en el mapa de los caminos de Santiago definitivamente. Supone el éxito de muchos años de trabajo. Además, son jóvenes, están en las redes sociales y eso es una presencia que no teníamos hasta ahora", fala o alcalde.

Os 700 mozos que viñeron á vila son todos de diferentes puntos de Castela e León. O resto son de outros sitios de España como Murcia ou provincias de Andalucía como Málaga, Granada ou Jaén. "Somos jóvenes de diferentes realidades y edades, seminaristas, religiosos, sacerdotes, adolescentes, universitarios... Los chicos están entre los 16 y los 35 años", explica Pedro López Baeza, delegado do Pastoral Xuvenil da Diócesis de Cartagena. "Estamos muy contentos con el trato recibido aquí en Vilanova", engade.

Peregrinos en Vilanova. DS
Luis López, Gonzalo Durán, Javier Tourís e peregrinos en Vilanova de Arousa. DP

"O Xacobeo permite que sexa moita a xente que visite Galicia. É un destino de moda, non só de España se non de Europa, e máis concretamente o Salnés. É un sitio de referencia, os proxectos que se realizan desde Mar de Santiago fixeron que se posicionara como destino", afirma, pola súa banda, Luis López.