Carmela Alfonso (BNG): "É difícil que se atreva a xente porque está todo moi maniatado"

La candidata nacionalista se muestra cauta y realista de cara al resultado de las urnas del próximo 28-M
Carmela Alfonso, candidata do BNG de Vilanova. DS
photo_camera Carmela Alfonso, candidata del BNG de Vilanova. DS

Cales son as expectativas?
Vemos o panorama dividido pola dereita e iso nos da esperanza de que a debilite. Nós vamos coa aspiración de multiplicar, non de sumar.

Teñen o vento a favor.
Somos a primeira forza da oposición en Galiza e espero que iso nos axude, porque penso a nivel global, pero actúo localmente.

Cal é a idea central do BNG?
Son moitas as cousas que hai que mellorar, empezando polas formas. Temos que facer un concello para todos e para todas e rematar coa sensación de que cando entras, entras non no concello, senón no concello deles.

Cales son as propostas?
Unha é a desafectación das escolas unitarias que quedaron abandoadas en András, Tremoedo e Baión, para adicar a vivendas de aluguer social para os mozos e as mozas, porque temos que axudalos a empezar a vida, como decían os nosos maiores.

A que destinaría o Pazo Rial?
A proposta do PSOE, e por acordo unánime, decidiuse adquirilo e o compromiso era que sería un centro de día. Vendo a deriva poboacional, procede incluso que sexa unha residencia, que tampouco temos unha pública. Por outra parte, o parque está vinculado a Valle-Inclán, hai unha recompilación das especies botánicas e creo que teñen que estar aí para ter un xardín valleinclaniano.

Costou moito traballo formar a candidatura?
En Vilanova sempre é difícil que se atreva a xente porque está todo moi maniatado. A xente que vai comigo é valente e levamos unha representación por parroquias. Tivemos tres concelleiros e vamos a ter seis, un por parroquia.