Carlos Núñez: "Antes de ser home, fun músico"

Falamos co gaiteiro galego máis internacional sobre o panorama actual e futuro da música traidiconal galega, os seus procesos creativos ou a súa xira deste verán, "Lugares Máxicos". Terá unha parada o catro de agosto no Pazo de Baión de Vilanova.
Carlos Núñez. DP
photo_camera Carlos Núñez. DP

Carlos Núñez leva expandindo a música tradicional galega desde que era pequeno. Mentorizado desde os trece anos polos míticos irlandeses Chieftains, embárcase agora nunha xira que xa leva cinco anos facendo durante os veráns: Lugares Máxicos. Tocará en monasterios, pazos, miradoiros e moitos sitios especiais máis temas. Os repertorios dos concertos estarán compostos, entre outros, por temas do seu último disco, a a reedición que sacou o ano pasado de A Irmandade das Estrelas. Ese ábum, que primeiro viu a luz no ano 1996, foi o primeiro da súa extensa discografía que agora leva ao redor do mundo. Entre os sitios que pisará, está o famoso Pazo de Baión, en Vilanova, o próximo catro de agosto.

Por qué decidiches facer unha xira só por lugares emblematicos?

Levamos mais de cinco anos co sistema de lugares máxicos. Iniciámolo porque nas xiras por Estados Unidos  viamos que os estadounidenses podían facer concertos e lugares emblemáticos, en concreto, nunha bodegas de California preto da casa de Michael Jackson. Pareceume unha idea belisima, sistema sinxelo, facer musica na natureza, moi natural e ecolóxico. É outra forma de levar a música e o público a lugares bonitos e especiais. Sacar a música de lugares feos que non nos aportan nada. Convertiuse nunha especie de reivindicación ante o sistema actual, nunha xira de resistencia. O mesmo día que tocamos no miradoiro de Monteferro en Nigrán, está Sting en Vigo a doce euros pagado polo Concello. Lugares Máxicos é noso xeito de resistir. É extremadamente duro ir por libre, pero é un acto de amor.

Tamén e unha forma de vivir os concertos de forma distinta. Non é o mesmo un concerto no Auditorio Mar de Vigo que nun Pazo.

Totalmente, por iso iniciamos esta xira. Todos os anos énchense todos os concertos, a xente ata repite nun mesmo verán. Non ten nada que ver tocar nun castro, nun castelo, mosteiro como o de Oseiro, nunhas bodegas como o Pazo de Baión... facemos repertorios diferentes segundo onde estamos, Oseira é máis medieval, Baión é un concerto que nos permite ter máis enerxía positiva. Un lugar para bailar e levantarte da silla.

Qué máis razóns te levaron a escoller o Pazo de Baión?

Froito daquel concerto en California nas bodegas apeteciame facer un nun sitio así. Dábanse unha serie de condicións marabillosas no Pazo, o público está cómodo, un clima fantástico, o proxecto vinícolo e cultural como estan a facelo a cooperativas paréceme un exemplo. É o terceiro ano consecutivo que facemos o Pazo e  vai ter un pouco de todo. Imos buscar músicas de nova creación, nestes ultimos tempos estou colaborando con DJs, con Baiuca... Tamén as músicas de inspiración celta de Beethoven que estamos dándoas a coñecer e tocándoas con orquestas sinfonicas polo mundo. Tamén haberá unha homenaxe aos gaiteiros históricos da Ría de Arousa, Os Campaneiros. Vivir unha noite nun concerto como este no Pazo Baión é toda unha experiencia. Non é só un sitio de concerto, fanse moitos amigos, gústanos que a xente interactúe.

Carlos Núñez, nun concerto pasado no Pazo de Baión.
Carlos Núñez, nun concerto pasado no Pazo de Baión. DP

Dos cinco anos que levas de xira, cales son os lugares que, para ti, máis maxia teñen?

Son todos tan diferentes. Unha catedral é máxica para experimentar músicas medievais e históricas dentro dela. Tamén é máxico sentirte libre para tocar todo o repertoiro de queiras e facer a festa no Pazo de Baión. Viaxar á prehistoria e estar con arqueólogos cando facemos concertos nun parque arqueolóxico, experimentar con instrumentos da idade do bronce... É unha das cousas mais bonitas dos concertos, a xente sae cun subidón de enerxia positivia, iso é unha das cousas que máis me namoraron a min da gaita, desde que era moi pequeniño. A xente despois escríbeche mensaxes, notar como sinten cousas moi profundas e do máis impresionante. É un luxo pero é algo ancestral que levamos facendo miles de anos, por iso son concertos máxicos. Esta música témola levado desde estadios de fútbol ata óperas e grandes lugares clásicos e modernos. Pero non hai nada como vivila en verán na natureza en Galicia. 

É máxico sentirte libre para tocar todo o repertoiro de queiras e facer a festa no Pazo de Baión

Ademais de Galicia, hai algunha zona que vaias pisar este verán pola que sintas un apego especial?

Faime moita ilusion voltar a Bretaña, este ano faremos doce concertos alí e en Galicia só catro. Tamén voltar a Inglaterra. as fronteira están a abrirse, voltamos a conectar co internacional, é unha sensación de liberdade marabillosa. Levábamos tres anos sen facer xiras internacionais.

Con esta xira estás presentando a reedición de A Irmandade das Estrelas. Por qué volviches ao teu primeiro disco?

Máis que volver a el é celebralo. Pensamos que era necesario invitar a xente nova en lugar dos colaboradores orixinais. Neste novo disco está Rozalén, que ten moito amor pola música tradicional,  Tanxugueiras, Iván Ferreiro, Andrés Suárez...  

Todos eses artistas que mencionas nada teñen que ver co folk e a música tradicional. Qué rasgos distintivos aportan?

Ven dun sistema de grabar que aprendin de moi novo cos Chieftains, estaban a facer o disco The Long Black Veil, estaban cantando musica tradicional irlandesa cos Rolling Stones, Marianne Faithful, Van Morrison e moitos outros. Tiven a oportunidade de grabar e coñcer a varios deles. A xente que viña do rock e do pop engadía á música tradicional unha nova vision moi enriquecedora e diferente. Pareceume una vía marabillosa que explorar. Por iso invitei a Luz Casal a cantar Negra Sombra e quedou unha nova versión tan moderna, especial e sentida.

Tanxugueiras ou Baiuca son artistas que agora están vivindo o seu apoxeo.  Hai actualmente un ambiente propenso a experimentar musicalmente coas bases da musica tradicional?

Si, sen dúbida. Estamos nun momento no que xente de todos os estilos, incluso música urbana, están a interesarse pola música tradicional e creo que iso é fundamental. A xente esta descubríndoa a través deste tipo de colaboracións e experiencias. Estou encantado porque ves que a día de hoxe a xente de todos os xéneros quere conectar coa música celta e tradicional. É como ten que ser, beber das nosas raíces para facer cousas novas.

A día de hoxe a xente de todos os xéneros quere conectar coa música celta e tradicional

Cambiou moito o panorama musical desde o 1996, cando saiu o teu primeiro disco ao mercado?

Hai varias diferencias. Ese ano era o momento máis álxido da industria discografica. O disco era importantísimo, os músicos vivian de grabalos. Na actualidade a música está secuestrada en mans das plataformas de streaming. É prácticamente imposible vivir da música grabada. Os mais novos viven dos festivais, estes viven dos patrocinadores, que en moitos casos son empresas de bebidas alcohólicas. Agora a músia é igual a Spotify, que é igual a festivais, que é a igual a macrobotellón. Veremos os que dura, hai músicas que sobreviviron a moitas épocas, a gaita leva máis de mil anos entre nos. A segunda diferencia está relacionada coa electrónica, esta é un punto de apoio importante, pero para min hai algo na música orgánica e acústica insuperable. Hai un compoñente humano, un swing, un sentimento que ata agora a máquina non mo proporcionou. Traballamos coa electrónica pero sempre intentando que prevaleza ese sentimento orgánico.

Os teus concertos caracterízanse por levar artistas debutantes. Por qué comezaches a facer iso?

A min déronme esa oportunidade con The Chieftains, leváronme a tocar con eles nun festival cando eu tiña so 18 anos e despois invitaronme a ir polo mundo. Fixen xiras con eles por Estados Unidos, Xapón, Australia, Europa... Foi o que me cambiou a vida, poder tocar cos máis grandes. Sempre estarei agradecido con Paddy Moloney, gaiteiro dos Chieftains e o resto da banda por darme esa oportunidade. Eu sei a emoción que produce tocar con xente así porque vivino.

Levas tocando desde os oito anos. Segue intacta a túa ilusión pola música?

Segue a ser a mesma. Cada vez que subo ao escenario sinto a mesma ilusión que cando tiña 13 e subín a tocar ao auditorio de Castrelos en Vigo por primeira vez. Sempre me sinto como aquel neno, en todos os concertos. Vas medrando pero conectas con algo moi profundo que levas aí desde pequeno. Eu sempre dixen que antes de ser home, fun músico. Antes de saber o que era o amor eu xa era músico, é algo anterior, algo que leva desde os meus primeiros anos.

Cada vez que subo ao escenario sinto a mesma ilusión que cando tiña 13 e subín a tocar ao auditorio de Castrelos en Vigo por primeira vez

Cambiaron os teus procesos creativos desde que eras pequeno ata agora?

A curiosidade imparable é a mesma. De continuamente querer aprender, seguimos a descubrir cousas dia a dia. Nestes últimos anos houbo experiencias tan diversas como traballar coa musica medieval e poñerme por primeira vez coa orquesta do Pórtico da Gloria hai cinco anos, moi pouco tempo, non sabíamos como soaría ou se sería posible conseguilo. Outras experiencias novas son descubrir as músicas celtas de Beethoven ou traballar con DJs.

A gaita e é o teu principal instrumento. Cantos máis sabes tocar?

Eu sempre digo que teño dous amores, a gaita e a flauta. A flauta é o amor platónico e a gaita o amor máis carnal. A gaita é a guitarra eléctrica medieval, coa flauta pechas os ollos e vives unha experiencia espiritual. Teño moitas gaitas diferentes e moitas flautas distintas tamén, de moitos países e épocas históricas diferentes. O meu instrumento bandeira é a gaita galega.

Cal é o futuro do panorama da música tradicional galega?

Vexo un futuro marabilloso por parte dos músicos, hai moito talento e enerxía creativa, tamén temos tradición, temos todos os elementos. Pero estamos moi despistados, malgastando os nosos recursos sen crear bases sólidas e consistentes. Iría mellor a música e fose o propio público a que a escollese e non intentar dominala a traves do diñeiro publico. Aínda así quero seguir soñando, como o meu mestre Paddy Moloney, el sabía que coa música tradicional era posible gañar Grammys, conseguiron o único Grammy para a música galega da historia co disco que fixemos, Santiago. Os grandes artistas do pop e rock grabaron cos Chieftains e tíñanlles un grande respecto. Ogallá cambiemos e corrixamos eses erros.