Os 'Bolechas deportistas' visitarán a rapazada de Vilanova

A familia máis famosa da literatura infantil galega viaxará en caravana cunha programación chea de xogos para fomentar o uso do galego no ámbito deportivo e chegarán ao municipio do Salnés o 8 de xullo
 
Presentación da xira 'Os Bolechas deportistas'. DS
photo_camera Presentación da xira 'Os Bolechas deportistas'. DS

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mañá deste xoves na rolda de prensa de presentación do  espectáculo Os Bolechas deportistas viaxan no tempo, que vai desenvolver a editorial Bolanda no marco da programación de verán do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística da Xunta. A iniciativa, que arranca mañá en Ribeira, visitará de novo 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada.

No acto, no que estivo acompañado pola familia Bolechas, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recalcou a importancia “dun ámbito como o do deporte, asociado a valores positivos e que ocupa moitas horas de actividade dos nosos rapaces e rapazas, para a dinamización da lingua galega”.

A lingua galega no deporte

Trátase da segunda edición da serie Os Bolechas deportistas, coa que os coñecidos personaxes de Pepe Carreiro dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas e promoven o uso da lingua galega durante a súa práctica. A través dun teatro de monicreques e outras actividades complementarias ao pé da rúa, os Bolechas viaxarán por toda a xeografía galega coas súas aventuras, que os levarán a  construír unha máquina coa que practicar os deportes do pasado, presente e futuro.

A xira comezará este venres 23 ás 12,00 horas na avenida do Malecón, en Ribeira, e pasará por Vilanova de Arousa, o 8 de xullo (praza dos Olmos),