Acto vandálico na sinalización luminosa das letras 'Vilanova de Arousa'
26 de diciembre de 2023 (16:50 h.)
O delicuente, que utilizou unha bicicleta para o seu desprazamento, foi captado polas cámaras do Concello
O ataque ás letras 'Vilanova de Arousa' situadas na glorieta de O Terrón, instaladas dentro dos plans municipais de promocionar turisticamente o municipio, foi rexistrado por medios telemáticos do Concello, o que permitiu coñecer que ás 03:43 horas do día 25, un home cun chaquetón de carapucha de pelo e, que usaba para desprazarse unha bicicleta de deseño antigo cunha cesta atrás, procedeu a causar danos dolosos ao ben de dominio público.
Agora, desde a Policía Local, solicítase calquera pista ou recensión sobre a identidade do autor, xa que é esencial na investigación a colaboración veciñal, e é por iso que se facilitan imaxes do feito.