A zona de recreo da urbanización La Gaviota contará cunha pista multideportiva

A nova instalación disporá dos elementos para a práctica das disciplinas de baloncesto e fútbol
Exemplo dunha pista para a práctica de varias disciplinas deportivas
photo_camera Exemplo dunha pista para a práctica de varias disciplinas deportivas. DS

O Concello de Vilagarcía complementará a zona de recreo da urbanización La Gaviota, en Vilaxoán, coa instalación dunha pista multideportiva destinada a impulsar a práctica do deporte entre a veciñanza, especialmente entre a mocidade da contorna, e a promover os hábitos de vida saudables. A actuación proposta pola Concellería de Parques e Xardíns que dirixe Diego Garcia materializarase en breve, posto que os traballos xa foron contratados á empresa Nelmar S.L. por importe de 21.160 euros. O prazo de execución é de un mes.

A instalación disporá das canastras e porterías necesarias para a práctica de baloncesto, minibasket e fútbol sala, e contará coa sinalización dos campos para as distintas disciplinas. Ademais, colocarase un valado de protección nas cabeceiras da cancha para evitar a saída dos balóns.

O novo equipamento situarase na contorna da zona de esparexemento na que xa existe un parque infantil, outro biosaudable para persoas maiores e unha zona axardinada, polo que o novo equipamento permitirá completar un espazo que conta cunha ampla e variada oferta deportiva e de ocio ao aire libre para o desfrute da cidadanía de calquera idade.