Xornada de reflexión entre música

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, estivo na xornada de reflexión deste sábado no festival Atlantic Fest en Vilagarcía de Arousa
 
20230722_ARueda_reflexion_2
photo_camera O presidente do PPdG, Alfonso Rueda, visitando o festival 'Atlantic Fes'. DS

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, paseou na mañá do sábado 22 de xullo pola Praia da Concha de Vilagarcía de Arousa. Durante a xornada de reflexión decidiu visitar o festival Atlantic Fest que ten lugar na cidade arousá nestes días de xullo.

Actos de especial relevancia concéntrase nesta penúltima fin de semana de xullo. Ademais do festival, que comezou o venres 21 de xullo e contou cun elenco de artistas de renome no panorama musical, a semana remata coa celebración das Eleccións Xerais. Deste xeito, o presidente do PPdG decidiu pasar a mañá da xornada de reflexión visitando o festival.

Tras este día sucederase unha xornada importante para a democracia española. Os colexios electorais abrirán as 9.00 horas e as persoas poderán votar a partir dese momento ata as 20.00 horas. Non obstante, os membros da mesa electoral ou substitutos, deberán presenarse nos correspondentes colexios electorais ás 8.00 horas.