Unha xornada festiva pecha a terceira edición do 'Vilagarcía, Cidade de Libro'

'Conversas ao Solpor' con Juan Tallón, Carme Chaparro, María Solar e Susana Pedreira como moderadora. SEBAS OUBIÑA SILVA
As rúas ofreceron espectáculos de teatro, música e outras actividades dedicadas ao público familiar

A terceira edición do Vilagarcía, Cidade de Libro rematou este domingo cunha xornada totalmente festiva e dedicada ao público familiar, que levou por título Érase unha vez... Durante o día sucedéronse todo tipo de actividades, como sesións de contacontos, espectáculos teatrais e musicais e ata un torneo TCG de Pokémon organizado por Metrópolis Cómics Arousa.

Xa o sábado celebrouse a última das Conversas ao Solpor do evento literario, coa participación de Carme Chaparro, Juan Tallón e María Solar e moderada pola xornalista Susana Pedreira.

Despois de que todos eles pasarán polas casetas de firmas, trataron nunha tertulia con moita asistencia de público sobre o xénero literario da novela negra e sobre outros asuntos relacionados. Lembrar que o misterio e a intriga foron os protagonistas do sábado no Cidade de Libro, xornada que levou por título Un crime na vila.