Xabier Díaz reivindica a música tradicional ante o alumnado do instituto O Carril

O pandereteiro actuou no patio nun ambiente de intimidade e presentou os seus instrumentos de percusión predilectos
Un momento da actuación de Xabier Díaz no patio do centro educativo
photo_camera Un momento da actuación de Xabier Díaz no patio do centro educativo. DP

O cantante e pandereteiro Xabier Díaz, que vén de publicar o disco 'Levantarse e caer', visitou o IES O Carril. O artista aproveitou o encontro para facer unha reflexión sobre o paradigma do éxito, animando á adolescencia carrilexa a optar por vías ilusionantes e a perserverar no que realmente lles gusta.


Xabier Díaz cantou para o alumnado no patio do centro educativo, nun ambiente de total intimidade e se ningún tipo de amplificación. Neste improvisado esceario presentou os seus instrumentos de percusión tradicional predilectos: a pandeireta, a pandeira e o pandeiro cadrado; considerados moitas veces como intrumentos menores e que ofrecen, porén, un amplo abano de recursos de timbres e ritmos a quen os domina. Entre copla e copla, o artista reivindicou o valor do papel das mulleres como conservadoras e transmisoras da lírica tradicional galega.


Un grupo de alumnas e alumnos quixo sorprender a Xabier Díaz cantando con el a 'Muiñeira de Limiñoa', e deste xeito animar ao resto a achegarse á música tradicional. Foi unha mañá ben enriqueceroda que deixou, con certeza, a súa semente en todas e todos.