Vivendas con número par de Arcebispo Lago e Alexandre Bóveda sufrirán cortes de auga

As obras comezarán as 9,30 e deberán estar rematadas antes das 13:00 horas ▶ A suspensión temporal do subministro afecta tamén á Praza de Abastos

Obras de humanización en la calle Arzobispo Lago de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Obras de humanización na rúa Arcebispo Lago. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A empresa concesionaria do Servizo de Augas do Concello, Espina e Delfín, subliñou que ao longo do día de hoxe, entre as 9,30 e as 13:00 horas, está previsto un corte no subministro de auga polo tempo estritamente necesario para proceder ao entronque da primeira fase da nova rede de abastecemento instalada nas obras de humanización da rúa Arcebispo Lago, actualmente en execución.

En concreto, e segundo anuncia a empresa, os edificios afectados son os números pares de Arcebispo Lago, do nº 2 ao 28, e de Alexandre Bóveda, do nº 10 ao 32, ademais da Praza de Abastos. Tanto a empresa coma o Concello piden desculpas polos trastornos que poida causar este corte que, en calquera caso, redundará nun mellor servizo para a veciñanza e os comercios e establecementos hostaleiros da zona.