Os vilagarciáns recorreron ao servizo municipal de Emerxencias en 2.468 ocasión no 2022

Máis da metade das chamadas recibidas na central (un total de 1.594) requiriron a mobilización de medios ▶ A xestión de incidencias municipais (caída se sinais, peches de parques, corta de ramas de árbores, sinalizado de fochas…) foron as incidencias máis numerosas (305)

 

 

Emerxencias Vilagarcía. DS
photo_camera Servizo de Emerxencias de Vilagarcía duranta a celebración de San Roque. DS

Os veciños e veciñas de Vilagarcía seguen recorrendo ao Servizo Municipal de Emerxencias cando precisan de axuda en incidencias da máis diversa tipoloxía. Escapes de gas, unha sinal caída, o anegamento dun baixo, unha focha aberta na estrada, o rescate dunha mascota, un incendio doméstico… foron algún dos motivos polos que os vilagarciáns recorreron o ano pasado en 2.460 ocasións ao Servizo de Emerxencias do Concello. Dese número total de chamadas recibidas na central da avenida Agustín Romero, máis da metade, un total de 1.595, requiriron mobilizar medios para resolver ou colaborar en distinto tipo de situación de emerxencia, e tan só en 43 destas saídas non foi preciso actuar ao terse solucionada a incidencia cando chegaron os efectivos ou tratarse dunha falsa alarma.

Da memoria anual elaborada polo Servizo Municipal de Emerxencias despréndese que as fins de semana (sábados e domingos) son os días da semana que máis incidencias rexistran, mentres que os luns son os máis tranquilos.

O maior número de intervencións realizadas polos efectivos de Emerxencias en 2022 responderon á xestión de incidencias municipais. Foron 305 as saídas realizadas por caídas de sinais de tráfico, retirada ou corta de árbores caídos on en situación de risco, sinalización de fochas na vía pública ou pechado de parques por alertas meteorolóxicas. O segundo tipo de incidencias en canto a número foron as 237 motivadas por actuacións por elementos de risco: desprendementos de muros ou elementos de fachadas e tellados de edificios, caídas de postes de telecomunicacións ou do tendido eléctrico…

Os accidentes de tráfico ocupan o terceiro lugar con 194 intervencións nas que en 2 casos houbo persoas atrapadas, 78 deles rexistraron feridos e 17 ocasións correspondéronse con accidentes laborais. 97 destas intervencións foron en accidentes sen feridos.

Os accidentes de tráfico ocupan o terceiro lugar con 194 intervencións 

Os incendios tamén propiciaron bastantes saídas do persoal municipal de Emerxencias durante o ano que vimos de despedir. En concreto, 129, dos que 33 foron de carácter urbano, 47 forestais, 1 industrial e 48 de outra índole.

Outras actuacións menos espectaculares pero moi importantes posto que serven para evitar que se produzan accidentes ou situacións de risco foron as 161 intervencións realizadas por retirada de obstáculos e limpeza de estradas e por verteduras de aceite e outros produtos.

No apartado de inundacións, o servizo computou 125 saídas referidas tanto á eliminación de bolsas de auga en vías de comunicación, como en achiques en vivendas ou baixos comerciais.

O servizo realizou 125 saídas no apartado de inundacións

O servizo participou en 46 operacións de rescate de persoas, tanto do interior de vivendas, vehículos ou ascensores nos que quedaron atrapadas, como en rescates acuáticos. Pero non só iso, os efectivos de Emerxencias tamén fo ron requiridos en 146 ocasións para rescatar animais que se viron atrapados en pozos ou lugares de difícil acceso. Este apartado refírese tan só aos rescates, non ás intervencións de recollida de animais abandonados ou soltos na vía pública.

A memoria de actividade de 2022 inclúe tamén 72 actuacións de tipo preventivo (realización de simulacros, visitas escolares, charlas…), 45 intervencións de tipo sanitario (apoio á ambulancia medicalizada, PCR’s…), 27 colaboracións coas Forzas e Corpos de Seguridade, 3 saídas en base ao protocolo COVID e 5 por chamadas por situacións de risco relacionadas co gas (fugas, olores…).

A lista complétase con outras 51 intervencións de causas diversas.