Vilagarcía realizará cortes de tráfico este domingo pola celebración da Media Maratón

A circulación de vehículos quedará prohibido dende 7 da mañá na avenida da Mariña ▶ Ás 9 da mañá pecharase a avenida Rivero de Aguilar e a partir das 9.30 e de forma gradual o resto das rúas polas que discorrerá a carreira
 
Carrera Popular Concello de Meaño. FACEBOOK
photo_camera Carrera Popular no Salnés. FACEBOOK

A celebración da Media Maratón Concello de Vilagarcía o domingo obrigará a pechar ao tráfico rodado as rúas polas que discorrerá a proba. A Policía Local informa de que os cortes comezarán ás 7.00 pola avenida da Mariña co obxectivo de realizar as labores de montaxe da liña de saída e de meta. Ás 9.00 horas pecharase a avenida Rivero de Aguilar e a partir das 9.30 horas e de forma gradual o resto das rúas que conforman o circuíto da carreira na que participan 722 deportistas. Tanto os cortes como as restricións de aparcamentos advertiranse dende hoxe mediante a colocación de valas informativas.

A Media Maratón comezará as 10 da mañá, estando previsto que remate sobre as 12.30 horas. Será a partir dese momento cando se empezará a reabrir as rúas afectadas, tamén de forma progresiva.

As vías que compoñen o circuíto da carreira e que, polo tanto, sufrirán os cortes de tráfico son: avenida da Mariña, rúa Elpidio Villaverde, avenida Rosalía de Castro (dende o cruce do Ramal ata a confluencia coa avenida dos Anxos), avenida Rivero de Aguilar, Valle Inclán, Víctor Pita e rúas Avelina Nogueira e Preguntoiro.