Vilagarcía licita de novo o skatepark do Cavadelo cun incremento do orzamento de 65.000 euros

A cifra acada agora os 374.000 euros para "facer fronte á suba dos materiais", e que provocou que se declarara deserto o concurso anterior

A presentación do proxecto o pasado mes de xaneiro. DS
photo_camera A presentación do proxecto o pasado mes de xaneiro. DS

O Concello de Vilagarcía vén de licitar novamente a construción da área na que se emprazará o skatepark do Cavadelo, despois de incrementar o orzamento para "facer fronte á suba dos materiais", tal e como explicaron dende o Goberno local, polo que se declarou deserto o concurso anterior.

Neste sentido, o investimento acada agora os 374.000 euros, 65.000 euros máis que na anterior licitación, e o prazo de execución mantense en cinco meses dende a súa adxudicación.

O proxecto, presentado o pasado mes de xaneiro polo alcalde, Alberto Varela; oedil de Parques e Xardíns, Diego García, e os arquitectos que se encargaron de elaborar o novo deseño, para paliar as carencias da zona, xa deteriorada tras máis de 20 anos dende a súa inauguración, busca dotar ao entorno dun equipamento actualizado e facelo atractivo para os usuarios e usuarias xóvenes coa construción dunha praza e zonas verdes que lle darán continuidade ao Parque do Centenario.

Ambas zonas quedarán definidas por un paseo en zeta, cunha superficie de 4.400 metros cadrados, dos que 2.600 estarán destinados ao ocio. Nun lado estarán ubicadas as canchas de basket e tamén o espazo para el skate, e no outro a zona de parkour e de dance.