Vilagarcía ilumina de azul o obeliso e as súas fontes polo Día Nacional do Celíaco

Ravella súmase á convocatoria da Asociación de Celíacos de Galicia que reivindica o dereito á inclusión das persoas afectadas por esta enfermidade
Humanización Arzobispo Lago Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera As fontes da Praza de Galicia serán un dos lugares iluminados de azul. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O obelisco e as fontes da Praza de Galicia e da Independencia iluminaranse de cor azul o martes, 16 de maio, con motivo da celebración do Día da Enfermidade Celíaca. Con este xesto simbólico, o Concello de Vilagarcía súmase á convocatoria realizada pola Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) para sensibilizar á poboación sobre a intolerancia ao glute, unha afección cada vez máis presente na nosa sociedade, e para reivindicar o dereito á inclusión das persoas celíacas.

A enfermidade celíaca é unha enfermidade sistémica, de base autoinmune, provocada polo glute e prolaminas relacionadas en individuos xeneticamente susceptibles. O 2% da poboación europea é celíaca, o cal implica a realización dunha estrita dieta sen glute por parte destes pacientes.

Coa celebración do día 16 de maio ACEGA reivindica o dereito das persoas que padecen esta patoloxía á inclusión en todos os ámbitos da súa vida, tanto no ámbito social coma laboral, xa que na maioría das relacións sociais está presente a comida, podendo ser excluínte tanto para nenos e nenas como para adultos celíacos.