Vilagarcía formaliza a súa titularidade e xestión do parking Xoán XXIII

A reversión da propiedade á titularidade municipal, tras darse por resolta a concesión, formalizouse este luns coa sinatura da acta de recepción
Visita do Goberno local ao parking tras a sinatura do documento. DS
photo_camera Visita do Goberno local ao parking tras a sinatura do documento. DS

O Concello de Vilagarcía volve a ter a plena titularidade do parking soterrado da Praza Xoán XXIII. A recuperación das instalacións e da prestación do servizo materializouse ás 13.30 horas coa celebración do acto administrativo de reversión e entrega do aparcamento, no que os representantes do Concello e da administración concursal de Proínsa, a concesionaria ata este luns reversión da propiedade á titularidade municipal, tras darse por resolta a concesión, formalizouse este mediodía coa firma da acta de recepción, asinaron a acta de recepción. Así pois, tras un longo proceso que levou varios anos, o parking regresa á administración municipal, que o xestionará como un servizo público con marcado interese social.

A acta de recepción foi asinada polo alcalde, Alberto Varela, en representación do Concello, e por Luis Pérez González e Fernando Martínez, de Interventum Concursal SLP, como representantes da administradora de Proinsa. A secretaria xeral do Concello, Rosa Losada, dou fe da sinatura no acto que contou coa asistencia do interventor acc idental, do arquitecto municipal e dos xefes dos servizos de Contratación, Informática, Alumeado e Emerxencias do Concello. A firma realizouse despois de entregada e revisada toda a documentación polos xurídicos de ámbalas dúas partes. Tras o acto administrativo, o alcalde e os representantes de Proinsa visitaron o parking.

Orientar o servizo a unha finalidade máis social que económica

Como xa se anunciara hai uns días, o estacionamento público segue operativo e co persoal subrogado a Proinsa. Nesta primeira fase continuarán aplicándose as tarifas actualmente en vigor ata que o Concello concrete as bonificacións que pretende introducir, xa que a intención do goberno local coa xestión directa do parking non é a procura de rendemento económico, senón social. Por esta razón contémplanse medidas como establecer unha primeira hora de uso gratuíto que favoreza a rotac ión das prazas. E tamén se abordará con colectivos da cidade, como a asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta, a posibilidade de ofrecer tarifas bonificadas aos seus clientes como medio para favorecer a actividade nestes sectores.

En todos estes aspectos o Concello comezará a traballar a partir deste luns, ao igual que no relativo á liquidación definitiva da resolución da concesión a Proinsa, un asunto que ao goberno local gustaríalle resolver de forma acordada entre as partes e non tendo que chegar á vía xudicial. Neste punto, e tal como o Concello fixo constar na acta de recepción, a concesionaria non cumpriu a condición esixida no contrato asinado no seu día de devolver as instalacións "en perfecto estado de conservación e mantemento", e tampouco se aveu a asumir o importe das reparacións dos danos existentes debido á falta de mantemento durante anos. Así as cousas, o custe destas obras negociarase na liquidación da concesión, restándose da cantidade a abonar polo Concello.

Un total de 242 prazas a carón do Consistorio

Situado a carón da Casa Consistorial, o parking Xoán XXIII conta con 9.269 metros cadrados de superficie distribuídos en tres sotos de 2.300 metros cadrados cada un. A súa capacidade total é de 242 prazas de aparcamento.

As tarifas actuais son de 0,0183 euros por minuto e de 13,15 euros por día completo. Tamén se ofrecen abonos de 12 e 24 horas para 15 ou 30 días. Os de medio día custan 43 e 54 euros, segundo sexan para dúas ou catro semanas, e os de día completo, 57 ou 72 euros, para os mesmos períodos.