Vilagarcía en Común pide un mantemento correcto do campo de fútbol da Lomba

O colectivo tacha de "escusa" a explicación aportada polo edil de Deportes, no que se refire á afección das choivas, e insta ao Concello a que "faga cumprir" o contrato de mantemento á empresa concesionaria
Fotografía de archivo del campo de A Lomba. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fotografía de archivo del campo de A Lomba. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

"Lamentable". Así calificou Vilagarcía en Común-Esquerda Unida o estado do campo de herba natural de A Lomba que, en palabras do colectivo, "como cada trimestre, está impracticable, cos prexuízos que iso significa para os equipos de Vilagarcía". Neste sentido, valoraron, "o responsable de Deportes de Vilagarcía inventou unha escusa que toda a cidade sabe que é falsa. Asegura que o exceso de chuvia perxudica ao campo, pero os campos da contorna de Vilagarcía, onde choveu o mesmo, están en bo estado", aseguraron.

Por este motivo, Vilagarcía en Común instou ao edil a que "asuma o seu traballo e consiga que a empresa concesionaria do mantemento do campo faga as labores polas que está cobrando". Ademais, o colectivo solicitou no Concello a copia do contrato de servizos que outorga o mantemento do campo de A Lomba para "comprobar se a empresa está cumprindo a totalidade do contrato e facendo todos os traballos asignados" xa que, segundo Vilagarcía en Común, "na práctica, o estado de mantemento do campo é desastroso. Entendemos que a empresa debe cumprir co mantemento do campo ou o concello debe resolver o contrato e buscar un xeito de que o campo estea mellor mantido".

Neste sentido, engadiron, "O Goberno local e o concelleiro responsable de Deportes deben dar unha solución definitiva a un problema que se repite neste campo cada trimestre desde hai décadas. O campo precisa unha solución definitiva para que non se gasten cartos inútiles en poñer parches e máis parches, solucións improvisadas e temporais". Así, pediu a eliminación de escombros que se acumulan no propio campo. "Desde hai anos, o concello utiliza o espazo do estadio para tirar alí escombros procedentes de distintas obras municipais. Esta acción afea o campo e rebáixao a un nivel que nin a cidade nin os usuarios do campo, tanto deportivas como espectadores, merecen. Ademais, este proceder incumpre de forma radical a normativa de seguridade e saúde de calquera instalación deportiva de carácter público, denunciaron.