A banda de música de Vilagarcía despedirá o ano con valses e polkas dos Strauss

A tradicional cita musical de Nadal terá lugar o venres, 30 de decembro, no Auditorio a partir das 20.00 horas ▶ As entradas venderanse a 5,4 e 3 euros o xoves e venres na billeteira do Auditorio

Actuación de la Banda de Música de Vilagarcía de Arousa en Piñeiriño. DP
photo_camera A banda de Música de Vilagarcía de Arousa. DP

Como xa manda a tradición por estas datas, a Banda de Música de Vilagarcía despedirá o ano que remata co concerto extraordinario de Fin de Ano. A esperada cita terá lugar o venres, 30 de decembro, a partir das 20:00 horas no Auditorio Municipal, e nela a formación vilagarciá interpretará obras de José Alberto Pina e, como non podía ser doutro xeito, da familia Strauss. Tamén, seguindo a tradición dos concertos de Nadal en todo o mundo, o espectáculo rematará coa interpretación da animada Marcha Radetzky, e de seguro que co público en pé marcando con palmas o ritmo da música.

As entradas para asistir a esta gran cita musical custan 5 euros na zona A do patio de butacas, 4 na B e 3 euros na C. Os billetes poderán adquirirse no Auditorio o día 29 pola mañá, de 10.30 a 13.30 horas, e pola tarde, de 17 a 19.30 horas. De non terse esgotado antes, tamén se porán á venta o mesmo día da actuación, de 10.30 a 13.30 e a partir das 18:00 horas.