A Sinfónica de Galicia volve a Vilagarcía o 23 de febreiro

O concerto celebrarase a partir das 20.00 horas no Auditorio ▶ A entrada será libre, por orde de chegada, ata completar aforo
A Orquestra Sinfónica durante unha actuación. RAFA FARIÑA/ARQUIVO
photo_camera A Orquestra Sinfónica durante unha actuación. RAFA FARIÑA/ARQUIVO

O Auditorio de Vilagarcía recibe este venres, 23 de febreiro, a visita da Orquestra Sinfónica de Galicia. A prestixiosa formación musical regresa ao municipio arousá da man da Concellería de Cultura no marco das actuacións programadas co obxectivo de popularizar a música clásica achegándoa ao conxunto da cidadanía. Así, a entrada ao concerto será gratuíta e sen invitación. O público accederá ao Auditorio por orde de chegada e ata completar aforo, polo que se prega ao público que acuda ao recinto coa antelación suficiente para respectar a hora de inicio do concerto, fixada para as 20.00 horas.

Dirixida por José Trigueros, a OSF interpretará o venres un atractivo programa dividido en dúas partes e composto por obras de Félix Mendelssohn e Launy Grondahl. Para a ocasión, Amanda Pinos actuará como trombón solista.

Programa

I
FELIX MENDELSSOHN (1809-1847)
Obertura Las Hébridas (10’)

LAUNY GRONDAHL (1886-1960)
Concierto para trombón e orquestra (16’)
Moderato assaimamolto maestoso
Quasi una legenda: Andante grave
Finale: Maestoso - Rondó

II
FELIX MENDELSSOHN
Sinfonía nº 4 en La mayor, op. 90, «Italiana» (27')
Allegro vivace
Andante con moto
Con moto moderato
Saltarello. Presto