O show de Fifo fai escala esta fin de semana no Piñeiriño e en Rubiáns

Trátase dun espectáculo organizado polo Concello no marco do programa O Nadal das Parroquias
O Show de Fifo. DS
photo_camera O Show de Fifo. DS

As actividades programadas polo Concello de Vilagarcía para levar o Nadal a todos os lugares do municipio e co obxectivo de dinamizar as parroquias teñen esta fin de semana outras dúas citas co espectáculo de O Show de Fifo. A primeira será o sábado 9 no centro cultural Breogán, do Piñeiriño, e a segunda, o domingo 19 no centro cultural de Rubiáns. En ámbolos dous casos, as actuacións comezan as 18.30 e a entrada é libre e de balde.

Despois de pasar por Solobeira e A Laxe a pasada fin de semana, Fifo segue o seu percorrido pola xeografía vilagarciá no marco do programa O Nadal nas Parroquias deseñado pola Concellería de Xuventude. O espectáculo da compañía Troula leva por título Soño e conta a historia do dilema ao que se enfronta Fifo. O protagonista non sabe si vive nun soño ou si sempre ten sono. O que si ten claro é que neste espectáculo e coa axuda dos nenos e nenas vai descubrir se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar. E vaino facer a través de xogos, de bailes, de gags e de moitas risas.

Unha divertida proposta para pasar a tarde e da que poderá gozar o público familiar do Piñeiriño e de Rubiáns, así como todo aquel que se queira achegar ata eses dous lugares para ver o espectáculo.