Los Satélites amenizan este mércores a verbena no día grande de Santa Rita

A axenda da última xornada das festas inclúe unha nova sesión do Festivaliño on The Road
Procesión de Santa Rita en Vilagarcia de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Procesión de Santa Rita en Vilagarcia de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A contorna do conxunto monumental de Vista Alegre convértese este mércores no epicentro das festas de Santa Rita. O contraste volverá ser a principal característica do día grande das celebracións na honra da avogada dos imposibles, ao mesturarse o bulicio típico da romaría co ambiente dos a ctos relixiosos e a procesión, así coma coa programación lúdica da Feira Celta e a verbena popular, amenizada pola orquestra Los Satélites.

A axenda da última xornada das festas inclúe unha nova sesión do Festivaliño on The Road, que pola tarde volverá a aparcar a caravana na zona da Baldosa con proxeccións continuas de curtametraxes infantís.

Dentro da longa lista de actividades de dinamización que se desenvolven no parque da Xunqueira no marco da Feira Celta, para a xornada deste mércores engádese un obradoiro de percusión que impartirá o grupo Mapatho. A asistencia é de balde, previa inscrición por orden de chagada, e poderán participar 15 persoas de 12 anos en diante.

AXENDA:
MÉRCORES 22 DE MAIO
DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, cos postos de artesanía, alimentaci 43;n, obradoiros…
12:00-15:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais
13:00 Música de percusión no mercado - Mapatho
14:30 Pasarrúas musical polo mercado
15:00 Peche do mercado
12:30 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Asociación Cultural Nosa Sra. da Xunqueira
DE 18:00 A 23:30 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 – 22:00 Apertura do mercado e da zona de xogos infantís tradicionais
18:30 Obradoiro de percusión para 15 persoas a partires de 12 anos
19:30 e 21:30 Pasarrúas musical polo mercado
20:30 Música de percusión no mercado - Mapatho
23:00 Peche do mercado
17:00-21:00 [RÚA BALDOSA/ VALENTÍN VIQUEIRA]
Festivaliño on The Road 2024
Curtametraxes infantís
18:30 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Asociación Folclórica Os Terribles de Arousa
20:00 [RÚAS DA CIDADE]
Procesión
Percorrido: Sa ída do Convento de Vista Alegre e continuación por rúa Castelao, praza de Galicia, rúa Conde Vallellano, rúa Juan García, rúa Valentín Viqueira, avda. da Mariña, rúa Conde Vallelano, praza de Galicia e rúa Castelao para finalizar de novo en Vista Alegre.
21:30 [RÚA ALEXANDRE BÓVEDA]
Verbena popular: Los Satélites