Saen á venda as entradas para o espectáculo de Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas

ESFINTER, o mellor espectáculo para pechar o ano se representará no auditorio o día 28 de decembro, ás 21.00 horas ▶ O prezo será de 15 euros máis gastos de xestión
ESFINTER, o mellor espectáculo para pechar o ano. DS
photo_camera ESFINTER, o mellor espectáculo para pechar o ano. DS

O auditorio de Vilagarcía acollerá o vindeiro 28 de decembro, mércores e Día dos Santos Inocentes, ESFINTER, o mellor espectáculo para pechar o ano, protagonizado por tres dos máis coñecidos humoristas de Galicia: Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas. As entradas estarán dispoñibles dende hoxe, 18 de novembro, ás 12.00 horas, na plataforma Ataquilla. No caso de que non se esgotarán, tamén se poderán adquirir o mesmo día do espectáculo, na billeteira do auditorio, a partir das 19.00 horas.

ESFINTER xa tivo unha exitosa xira no Nadal de 2021, co 100% das entradas vendidas. Agora, e como manda a tradición, os tres humoristas, que na maior parte do ano traballan fóra de Galicia, volven a casa e queren celebralo. De aí naceu este espectáculo de monólogos, onde tres dos humoristas con máis traxectoria do país contarán as peripecias que lles sucederon durante os últimos 12 meses. Case dúas horas de risas, bromas improvisación e moita pallasada.