O Revenidas arranca este xoves con Ana Tijoux, Desakato ou Sara Hebe

O festival habilitou un servizo de autobuses lanzadeira rotatorios dende o recinto ata as zonas de acampada
Boyanka Kostova en el Festival Revenidas. JOSÉ LUIZ OUBIÑA.JPG 3
photo_camera O público disfrutou da edición do 2022. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Festival Revenidas inaugura este xoves unha edición que contará con máis de 30 grupos, con cabezas de cartel para esta primeira xornada do talle de Ana Tijoux, Desakato ou Sara Hebe. A cita de Vilaxoán pretende converterse nunha das máis singulares e destacadas do verán galego, e para iso, conta con diferentes servizos.

Neste sentido, haberá autobuses lanzadeira rotatorios que conectarán o recinto do festival (a saída estará na billeteira) coas zonas de acampada no Rial e na Pelada. O horario de servizo dos autobuses na xornada de hoxe desenvolverase entre as 13.00 e as 04.30 horas. Ademais, a organización fai un chamamento para que se utilice o transporte público para achegarse ata Vilaxoán.

O recinto do festival abrirase ás 18.00 horas con La Duendeneta, seguida de Hydn, que dará paso a unha nova sesión da Duendeneta. Panteón Rococó, actuará ás 18.30 horas, para dar paso a Sara Hebe. Ás 22.00 horas da noite terá lugar un fito histórico: o Revenidas acollerá o derradeiro concerto en Galicia de Desakato. Xa chegando á medianoite, os seguintes en soar en Vilaxoán serán Tremenda Jauría e Ana Tijoux. Unha nova sesión da Duendeneta precederá a Arrythmia, e pecharán The Skarnivals.