A rapazada que participa na Cabalgata de Reis deberá confirmar a súa praza antes do día 28

As listas de admitidos poden consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal ou na sede electrónica do Concello ▶ A Concellería de Cultura proporcionará as vestimentas de paxes aos 48 nenos e nenas de 7 a 15 anos que tripularán as seis carrozas

Traxes dos Reis Magos. EFE
photo_camera Traxes dos Reis Magos. EFE

A Concellería de Cultura publicou este xoves a lista de nenos e nenas admitidos para participar na Cabalgata de Reis tripulando as seis carrozas que desfilarán o 5 de xaneiro polas rúas de Vilagarcía.

A rapazada admitida deberá confirmar a asistencia antes do día 28 de decembro a efectos ou do contrario perderá a praza, que pasará a ser ocupada seguindo a orde da lista de agarda. A diferenza de anos anteriores, a Concellería proporciona este ano as ropaxes de paxes á rapazada que vaia nas carrozas.

Son 48 os nenos e nenas de 7 a 15 anos os que acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a bordo das carrozas. Os máis cativos farano na de os propios Reis e os de máis idade nas dos agasallos.