O programa 'Outono Xove' chega ao albergue xuvenil das Sinas da man da Xunta

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañou aos participantes nesta proposta en Vilagarcía
Participantes na iniciativa durante a visita. DS
photo_camera Participantes na iniciativa durante a visita. DS

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou o albergue xuvenil das Sins coas mozas e mozos que participan no programa de actividades Outono Xove da Xunta de Galicia.

A Consellería de Política Social e Xuventude está a desenvolver a terceira edición desta iniciativa, a través da que oferta actividades formativas e de lecer para a mocidade galega en oito albergues xuvenís da comunidade. A proposta que ten lugar nas Sinas denomínase Nómadas e inclúe raid multiaventura, scape room, tiro con arco, orientación, a elaboración dun podcast e obradoiros, entre outras actividades.