A praia da Concha-Compostela contará este verán cun maior número de aseos

Instalarse un módulo móbil accesible no calexa onde estaba o CIRA e outro de apoio aos wc fixos da Concha. Na Compostela funcionan os do chiringuito ▶ Os aseos de obra da praia do Campanario arranxáronse, ao igual que os da Concha, e no Preguntoiro volverán a instalarse os servizos móbiles

Baños playa Compostela en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Aseos públicos da praia Concha-Compostela. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Vilagarcía anunciou este luns que a praia da Concha-Compostela contará este ano con dous novos puntos de aseos que se suman aos dous xa existentes na Concha e no parque da Compostela. Pola súa parte, os areais do Preguntorio e do Campanario tamén disporán de servizos, no primeiro caso, nas casetas de obra, que veñen de ser arranxadas, e no segundo, cun módulo móbil.

O primeiro módulo móbil instalarase a carón dos aseos fixos da Concha, que tamén se acondicionaron. O módulo disporá de 6 cabinas de aseos (3 de homes e 3 de mulleres), un urinario e 2 lavamáns que se disporán cara o exterior.

O módulo máis próximo a Carril instalarase na calexa que une o paseo marítimo co areal, á altura do lugar onde se emprazaba o CIRA. Serán aseos adaptados, dado que se poderá acceder a eles dende o paseo mediante a rampla existente. O modelo será similar ao da Concha.

O Concello disporá destes dous novos módulos de servizos portátiles mediante aluguer, o mesmo sistema que para o punto da praia do Preguntoiro. A intención é que os aseos estean instalados e en funcionamento entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.

A tempada oficial de baño ábrese o sábado, 1 de xullo, día no que tamén comezará a operar o servizo de vixilancia e socorrismo nos areais municipais.