A Policía de Vilagarcía estreará vehículos tras o verán

Tres Ford Kugat suv de cinco portas e híbridos a gasolina substituirán aos Toyota Prius actuais tras vencer os catro anos de aluguer
Patrulla de la Policía Local por el centro del municipio. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Patrulla de la Policía Local por el centro del municipio. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Policía Local de Vilagarcía de Arousa estrerá tras o verán tres novos coches patrulla que substituirán aos Toyota Prius que teñen actualmente. Os novos vehículos son tres Ford Kugat suv de cinco portas e híbridos a gasolina que contan co distintivo DGT ECO. A encargada de subministrar os automóbiles é a empresa Autos Iglesias S.L. a que se lle adxudicou este luns; en Xunta de Goberno o contrato por importe de 211.527 euros (IVE incluído). Como nos anteriores casos, o subministros farase polo sistema de aluguer por 48 meses. 

Os novos coches deberán entregarse matriculados, asegurados a todo risco e cunha ampla cobertura, debidamente rotulados e dotados cos equipos e sistemas que establece a normativa para os coches policiais, tal como se concreta nos pregos de contrato, que tamén inclúe os servizos de mantementos e reparacións na propia concesionaria da marca durante os catro anos. Unha vez entregada a documentación e asinado o contrato, a adxudicataria disporá dun prazo de dous meses para proceder á preparación dos coches co obxecto de entregalos en condicións de poñelos en uso de maneira inmediata, e con toda a documentación para poder entrar en circulación. 

A sinalización, pintura e rotulación dos vehículos patrulla cumprirán o establecido por lei, ao igual que os equipos luminosos e acústicos propios dos coches policiais. Neste apartado, a adxudicataria incluíu como mellora a posibilidade de que o ponte luminosos conte coa función homologada para a escritura de mensaxes. Ademais, cada automóbil debe incluír no seu equipamento botiquín, cristais escurecidos, dúas lanternas policiais, extintor, prancha e barra de separación entre os asentos dianteiros e posteriores con soporte de defensas policiais e emisora compatible co sistema de comunicación da Policía, navegador, cámara traseira e atención telefónica de mans libres, entre outros elementos. Tamén como mellora engádese un "rastrillo" extensible para a detención de vehículos na estrada.

RENOVACIÓN CONTINUADA

Dende o Concello de Vilagarcía declaran que xa dende hai anos recorren ao renting para o subministro dos coches da Policía Local, xa que "este sistema permite dispor de vehículos completamente novos por un período relativamente curto" e ir renovándoos con frecuencia, algo que, debido ao uso intensivo que se lle dá aos coches policiais, é necesario. Así, garanten o mantemento dun parque móbil en perfecto estado, moderno e actualizado coas últimas tecnoloxías, o que incide nunha mellor prestación do servizo policial e tamén no cumprimento das normativas de baixas emisións de CO2 e de sustentabilidade medioambiental e eficiencia enerxética.