A Policía Local tramitou 16 denuncias na ponte de Todos os Santos

Todas elas foron por incumprimento de horarios e de terrazas, maioritariamente na zona TIR e no Castro
Un policía local. EP
photo_camera Un policía local. EP

Agás o suceso da agresión e danos nun local na zona TIR, do que xa se informou o pasado luns, a ponte de Todos os Santos pechouse en Vilagarcía sen apenas incidentes dignos de mención, pero con unha nova quenda de denuncias a varios establecementos hostaleiros, algúns xa reincidentes, polo incumprimento das normas.

Así, entre o venres e martes, rexistráronse 16 propostas de sanción por non respectar os horarios da terrazas, ás que se sumaron outras 2 denuncias máis por incumprir os horarios do propio establecemento. Como vén sendo habitual, as infraccións agora denunciadas se rexistraron principalmente na TIR e na contorna do Castro, pero tamén na avenida da Mariña e na rúa Méndez Núñez. So na noite do luns ao martes houbo tantas denuncias como o venres e o sábado xuntos.