As poetas alzan a voz a prol da muller

A Semana da Muller continúa hoxe co obradoiro de regueifas que imparte Lupe Blanco
20221007_Dfreire_028
photo_camera 20221007_Dfreire_028

A comarca de Arousa ten unha cita coa poesía en Vilagarcía. Alí este venres abriuse a Semana de Muller e Cultura, que se prolongará ata o vindeiro 14 de outubro e que presenta un abano de actividades que ten como fío condutor a poersía.

O espectáculo ‘Tecedoras. Patchwork poético’ deu a benvida á semana de actividades. Durante a posta en escena recreáronse distintos xeitos de facer poesía utilizando o verso contado e cantado.  Un grupo de mozas do colexio Sagrada Familia que participaron o ano pasado nun proxecto municipal de empoderamento e de prevención da violencia de xénero, foron as encargadas de recitar poesías de mulleres galegas co obxectivo de dar a coñecer a estas autoras e a súa obra, como exemplo de empoderamento individual e colectivo. 

Acto inaugural da Semana da Muller en Vilagarcía. DAVID FREIRE
Acto inaugural da Semana da Muller en Vilagarcía. DAVID FREIRE

A parte do verso cantado levouna adiante a regueifeira Lupe Blanco. Finalmente na tarde de onte o auditorio acolleu o obradoiro ‘A maleta azul dos libros raros: As mulleres esquecidas’, unha actividade que impartiu a escritora e galardoada poeta Emma Pedreira.
    


Pola tarde tivo lugar o faladoiro ‘As poetas galegas. Olladas no espello’, no que varias autoras puxeron de manifesto os sesgos específicos de xénero que se dan no mundo da poesía. Ademais de Emma Pedreira, interviron Marta Dacosta, escritora e profesora de lingua galega e literatura e integrante do Consello directivo da AELG; Marga do Val, poeta, tradutora e profesora de lingua galega e literatura; Patricia Torrado, actuando como moderadora e poeta, e a activista feminista e política vilagarciá, Vera Hermida. A xornada rematou con outro espectáculo: ‘Tecedoras de fías’.

Hoxe será a quenda do obradoiro de regueifas que dirixirá Lupe Banco, pandereteira, creadora de Regueifandopolavida e da primeira Escola de Regueifas, galardonada nos primeiros Premios Galegos de Regueifas 2022 e bisneta do ‘padriño’ da regueifa de Bergantiños.