O Piñeiriño acolle a I Xornada de Artesanía 'Feitiñas a Man'

Este barrio de Vilagarcía de Arousa realizará entre o 22 e 25 de xullo unha exposición de artesanía, obradoiros para os más pequenos e varias actuacións musicais
Concello de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera O Concello de Vilagarcía apoia esta actividade lúdica. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O barrio O Piñeiriño acolle unha nova iniciativa lúdico-cultural, as primeiras Xornadas de Artesanía 'Feitiñas a man'  que se desenvolverán entre o 22 e o 25 de xullo. Nelas se poderá atopar unha exposición, un obradoiro infantil e varias actuacións musicais que contribuirán a dinamizar a vida social na zona das Pistas. Esta actividade chega tras a reforma urbana e é promovida polos propios veciños do barrio, co apoio do Concello de Vilagarcía e a asociación de veciños Breogán. 

A inauguración será o próximo sábado, día 22, no centro cultural Breogán ás 20.00 horas, coa exposición de obxectos confeccionados pola artesá de Vilagarcía Mariam García. Esta muller realiza traballos en marroquinería feitos a man que compoñen a maioría da súa exposición e se mostrarán ata o mediodía do martes 25. Ademais disto, poderase acudir a un concerto da Banda de Música de Vilagarcía a partir das 21.00 horas na zona peonil da rúa Camilo José Cela. 

O domingo día 23 realizarase un obradoiro de artesanía de balde para os nenos e nenas entre 6 e 12 anos no centro Breogán.  Ademais, a partir das 19.59 e ata as 22.01 horas en concreto estará animando á veciñanza o DJ galego Kris K DJ. O luns tamén haberá actividades para todos, durante a tardiña o grupo de gaitas Froallo amenizará O Piñeiriño e as 20.45 horas parará no centro cultural para animar aos alí presentes. 

Xa para despedirse de 'Feitiñas A Man' o martes 25 haberá un acto de clausura de toda a exposición as 14.00 horas.