Paula Sánchez presenta en Vilagarcía ‘O mundo de cores de Roque e Lía’

A Libraría Nobel de Vilagarcía é o espazo escollido para estrear este contacontos
O mundo de cores de Roque e Lía. DS
photo_camera Portada da obra 'O mundo de cores de Roque e Lía' de Paula Suárez. DS

A Libraría Nobel de Vilagarcía, acolle hoxe (19.00 horas) unha presentación e contacontos arredor de O mundo de cores de Roque e Lía, de Paula Suárez, ilustrado por Nuria Díaz. O acto está organizado pola libraría e a Asociación TDAH Salnés.

Roque e Lía, teñen un xogo grazas ao cal, xunto cos seus amigos da clase, descubriron que hai moitas e diferentes formas de ser, estar, e de pintar as unllas. Este álbum conta unha historia na que impera a empatía, o respecto á diversidade e o compañeirismo.

En palabras da autora, "é o meu acercamento á literatura infantil, o meu primeiro libro baixo a mirada pedagóxica, froito da experiencia de miles de relatos e vidas compartidas coas familias e os nenos e nenas neste recorrido educativo. Suman moitas voces así como todas as persoaxes que os acompañan neste recorrido multicolor".

Paula Suárez vive en Aldán (Cangas). É pedagoga, experta en intervención social, perito xudicial e formadora nas áreas da educación e igualdade.