Os parques da Compostela e Valdés Bermejo, pechados debido aos fortes ventos
O Concello de Vilagarcía ordenou no mediodía desde martes o peche dos parques da Compostela e Enrique Valdés Bermejo como medida de precaución debido ás fortes ráfagas de vento que se están a rexistrar dende hai unhas horas e que, segundo a previsión meteorolóxica, se prolongarán ata a xornada do mércores. A pesar de que o nivel de alerta decretado pola Xunta é amarelo, o Goberno local optou por adoptar a medida nos dous parques do municipio que contan con árbores centenarias e de gran porte, o que as fai especialmente sensibles ao vento intenso e, consecuentemente, presentan maior risco de desprendementos.
Para evitar calquera risco, o persoal do Servizo Municipal de Emerxencias procedeu a precintar as entradas a estas dúas zonas verdes do municipio. O peche levantarase tan pronto melloren as condicións meteorolóxicas.