O Concello lamenta a falla de civismo tralos sucesos coa decoración do Nadal

As figuras de Buda nun xardín efémero serán substituídas por outras máis relacionadas co Nadal
Decoración navideña en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Decoración navideña en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Diante das desfeitas e roubos rexistrados nos últimos días nos distintos elementos de decoración do Nadal, o Concello lamentou a falla de civismo dunha minoría de persoas que cando non atenta contra un elemento decorativo da asociación de comerciantes Zona Aberta, faino contra os que instala o propio Concello.

"A falla de respecto ao esforzo de todos os traballadores que participaron nesas montaxes é evidente, e o mesmo pode dicirse respecto do diñeiro público investido para que as rúas da cidade ofrezan un aspecto que sirva de dinamizador da sociedade e da economía local", aseguran dende o ente local. Con todo, Ravella insiste en que a nota discordante pona un moi reducido grupo de persoas que "parece divertirse esnaquizando ou roubando algo que vai en beneficio de todos, incluídos quen cometen eses actos vandálicos".

Por outra banda, as figuras de Buda que se instalaran nun dos varios xardíns efémeros creados para decorar distintas rúas e prazas foron retiradas por persoal municipal e serán substituídas por outros elementos máis relacionados co Nadal, como pequenos árbores, flores de Pascua, e reforzando a iluminación.