A nova Biblioteca Municipal de Vilagarcía reabre as súas portas este martes

O centro abrirá 65 horas á semana e entre as novidades destacan o acceso á plataforma VLex para consulta de textos legais e a ampliación de horarios na sección infantil
Nuevas instalaciones de la Biblioteca municipal de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Nuevas instalaciones de la Biblioteca municipal de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro inicia este martes unha nova etapa. Coincidindo coa conmemoración do Día do Libro, o centro retoma a actividade nas flamantes instalacións da rúa Castelao. Nunhas dependencias máis amplas, funcionais, adaptadas ás novas tecnoloxías e aos criterios de sustentabilidade e de eficiencia enerxética, a Biblioteca reabrirá as súas portas para recibir aos usuarios habituais e a todas as persoas que desexen facer uso do centro bibliográfico ou, simplemente, pasar a coñecer a nova infraestrutura cultural en cuxa reforma o Concello de Vilagarcía investiu máis de 2 millóns de euros.

Na véspera da reapertura, o persoal da Biblioteca céntrase en dar os últimos retoques para que todo estea a punto e en perfectas condicións para volver á actividade mañá a partir das 9 horas. Os traballos da mudanza iniciada o pasado luns xa remataron e os libros e demais material de consulta xa están debidamente recolocados nos estantes de cara ao público. Durante a xornada do luns acabaranse de colocar os carteis e ró ;tulos indicadores e informativos das distintas seccións para facilitar a localización e o acceso dos usuarios aos exemplares.

No que respecta ao equipamento informático, xa están reinstalados os ordenadores, así como a wifi e os sistemas internos para o rexistro e control do servizo de préstamo. O funcionamento de todos eles tamén se está a comprobar para que non se produzan imprevistos. En canto ao servizo de préstamo, reactivarase este martes, retomando a conta dos prazos de devolución dende o pasado 15 de abril, cando se suspendeu debido ao inicio do trasladado da Biblioteca dende a antiga sede da Casa de Cultura de Rey Daviña ao novo emprazamento da rúa Castelao. Dada a situación de excepcionalidade, o centro dará uns días de marxe aos usuarios cuxa data de entrega lles venza de forma inminente.

Entre as novidades da reapertura, a Biblioteca ofrecerá aos seus us uarios un servizo adicional de consulta de textos legais a través da plataforma VLex. Farase a través dunha aplicación informática que se está instalando e á que os usuarios poderán acceder conectándose directamente dende os ordenadores do centro ou tamén coas súas propias terminais a través da conexión inalámbrica da wifi.

Como xa se dixo, a Biblioteca mantén o seu horario habitual de funcionamento, abrindo de luns a venres de 9 a 21 horas de forma ininterrompida e os sábados de 9 a 14 horas. Con estas 65 horas semanais, a de Vilagarcía é unha das bibliotecas municipais de toda Galicia co horario máis amplo de funcionamento. Ademais, co traslado ás novas instalacións amplíase o horario da sala infantil, que gaña unha hora ao día. Funcionará de 16.30 a 20.30 horas de luns a venres e os sábados de 9.30 a 13.30.

E para conmemorar o Día d o Libro, a nova Biblioteca estreará nesta primeira xornada a sala infantil coa celebración dun contacontos e un obradoiro que ofrecerá a compañía Tarabelos. O primeiro, titulado 'Contos nunha roda' comezará ás 17.00 horas e o segundo, un obradoiro de ilustración de contos, ás 18.30. En ambos casos, a asistencia requiriu inscrición previa.

Unha necesidade cuberta

O Concello de Vilagarcía investiu na construción da nova Biblioteca Municipal máis de 2 millóns de euros. Á reforma do local de Castelao destináronse 1.648.266 euros, financiados a través do programa ReacPon da Deputación nun 70%, e con fondos municipais no 30% restante. Anteriormente, o executivo local xa destinara 450.000 á adquisición dos locais da antiga sede do Liceo-Casino.

Coa execución desta obra, o goberno de Alberto Varela cumpre un dos seus compromisos electorais mái s ambiciosos e aténdese unha antiga demanda cidadá, á vez que se resolve a maior necesidade que tiña Vilagarcía en materia de equipamentos culturais: ampliar e moderniza a Biblioteca Rosalía de Castro.