A música e a troula fan as delicias dos asistentes ao Samaín da praza da Peixería

Decenas de nenos e nenas, xunto cos seus pais e nais, achegáronse para desfrutar da tarde máis "terrorífica"
(_LO_3301.JPG)  Salnes Samain Vilagarcia Praza da Peixeria
photo_camera Os nenos e nenas de Vilagarcía achegáronse á praza para vivir unha tarde terrorífica. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A praza da Peixería encheuse de nenos e nenas cos seus respectivos disfraces en Véspera do Día de Todos os Santos para celebrar unha nova edición do Samaín que organiza o Concello despois da volta á normalidade trala pandemia. 

A actividade votou a andar preto das 17.00 horas con música a cargo dun Dj que amenizou, dinamizou e deu a benvida ás familias que se achegaron ao lugar, e que contou con moita interación entre os participantes a través de diversos bailes e xogos. A cita tivo como protagonista e condutor do bloque central da programación ao grupo de música Dani Barreirob & Kids, quen presentou o espectáculo Samaín infantil, un evento familiar e interactivo de música e animación en directo guiado por un equipo de tres músicos que fixo as delicias dos presentes.

Decenas de persoas pasáronse pola praza para desfrutar do Samaín de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Decenas de persoas pasáronse pola praza para desfrutar do Samaín de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O punto final púxoo unha actividade aberta a todo o público asistente, con karaoke, playback e coreografías improvisadas polos participantes, sempre guiadas por Dani Barreiro e o animador na que tanto pais como fillos uniron forzas para desfrutar en familia.

Paralelamente, durante toda a tarde estivo en funcionamento un obradoiro de "pintacaras" no que se levaron a cabo diversos maquillaxes aos nenos/as asistentes ao Samaín, reproducindo personaxes e elementos típicos desta celebración como pantasmas, ánimas do purgatorio, esqueletos e outros moitos máis motivos destes tempos de defuntos.