O Concello contrasta as humanizacións e iniciativas de cidade amable e sostible en Valladolid

Varela reuniuse co seu homólogo, Óscar Puente, para coñecer a evolución das medidas executadas para desenvolver un modelo de cidade que sigue a mesma filosofía que o vilagarcián ▶ A capital vallisoletana acollerá en 2023 o Congreso Anual da Rede Cidades que Caminan, da que Vilagarcía tamén forma parte, e o Encontro entre Cidades organizado pola FEMP e a DGT

Encuentro entre el alcalde de Vilagarcía, su homólogo en Valladolid, y la concelleira de Urbanismo e Mobilidade. DS
photo_camera Imaxe do encontro celebrado esta mañá na vila vallisoletana. DS

Co obxectivo de continuar avanzando no modelo de cidade amable, sostible e humanizada que se está a desenvolver en Vilagarcía, o Concello continúa explorando as iniciativas realizadas nas cidades españolas que teñen destacado neste ámbito. Neste contexto, o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, reuníronse esta mañá co alcalde de Valladolid, Óscar Puente, a efectos de coñecer as actuacións levadas a cabo na capital vallisoletana nos últimos anos, a repercusión inicial das mesmas e os efectos que a súa execución tivo a medio e longo prazo no tecido urbano, na economía local e na poboación.

Segundo lles explicou, si ben é certo que, igual que sucedeu en Vilagarcía e en case todas as cidades que apostan polos centros urbanos humanizados e polo fomento da bicicleta como medio de transporte alternativo, sostible e saudable, tamén en Valladolid rexistrou certa oposición por parte da poboación no momento de adoptar as primeiras medidas. Malia isto, Puente sinalou que ese posicionamento en contra foise diluíndo co paso do tempo, chegando a transformarse en apoio maioritario unha vez comprobados os efectos positivos que xeraron as medidas reducindo os riscos do tráfico e os niveis de contaminación e el evando a calidade de vida nos centros urbanos.

Valladolid leva máis tempo que Vilagarcía implantando este modelo de cidade que se promove dende a Unión Europea, de aí que coñecer a súa evolución resulte unha experiencia interesante a efectos de prever e, si é necesario, atallar as dificultades previas que poidan seguir, así como de contar con resultados xa probados para decidir novas accións.

A visita do alcalde e a concelleira de Mobilidade a Valladolid fraguouse no último Congreso da Red de Ciudades que Caminan -da que ámbalas dúas cidades forman parte-, celebrado hai uns meses en Palma de Mallorca e no que Vilagarcía recibiu un premio en recoñecemento ás importantes melloras realizadas no municipio nos últimos anos en materia de mobilidade peonil. Ademais, Valladolid acollerá en 2023 o seguinte congreso anual da Rede, como tamén o Sétimo Encontro entre Cidades que coorganizan a FEMP e a DGT co obxectivo de continuar afondando nos modelos de mobilidade sostible e segura, e nos de cidades que apostan pola recuperación de espazos públicos para os peóns e pola bicicleta como medio de transporte alternativo, saudable e ecolóxico.