A Mesa das Verbas entrega os premios do II Concurso de Poesía 'Xaquina Trillo'

O acto está previsto ás 18:00 horas deste sábado na sala de conferencias do Auditorio
El auditorio de Vilagarcía acogerá la cita. DS
photo_camera Una vista del Auditorio de Vilagarcía. DS

A sala de conferencias do Auditorio acolle este sábado, a partir das 18:00 horas, a entrega de premios do II Concurso de Poesía en Galego 'Xaquina Trillo', organizada pola asociación A Mesa das Verbas co patrocinio do Concello de Vilagarcía. Nesta ocasión, a convocatoria abriuse a todo o alumnado de bacharelato de toda Galicia. O primeiro clasificado recibirá 300 euros en metálico, un vale de compra de 100 euros, un diploma e un agasallo. O segundo, 200 euros en metálico, 50 en vales de compra e tamén diploma e agasallo. E o terceiro, 100 euros, vale de 25 e diploma e agasallo.

Por outra banda, a partir das 20:30 horas, na sala de audicións, un elenco liderado por Josito Porto porá en escena 'Smoke on the water'. Trátase dunha traxicomedia sórdida con música en directo. Unha historia de sexo, drogas, rock&roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, amor. A entrada xeral é de 5 euros, bonificada para desempregados, maiores de 65 anos e titulares do carné xove. En todos os casos, máis gastos de xestión.