Mellora na rede de saneamento da rúa Loureiro da Galufa en Cornazo

O Concello vén de adxudicar unha obra de ampliación do servizo básico cun investimento de 23.716 euros
O edificio do concello de Vilagarcía de Arousa. DS
photo_camera O edificio do Concello de Vilagarcía de Arousa. DS

O Concello de Vilagarcía promove unha nova actuación de mellora da rede de saneamento municipal, neste caso cun investimento de 23.716 euros. O proxecto a levar a cabo beneficiará á veciñanza da rúa Loureiro da Galufa, en Cornazo, que contará cun novo tramo deste servizo básico, así como dos sistema de impulsión necesarios para garantir o bo funcionamento da instalación. Os traballos, que teñen un prazo de execución de 1 mes, foron adxudicados á empresa Montajes J.M. Iglesias.

O obxectivo desta obra é completar o saneamento nesta rúa de Cornazo, ampliando a instalación existente a un tramo que aínda carecía dela, permitindo deste xeito dar servizo a cinco casas emprazadas na zona. Tendo en conta que se trata dun vial sen saída e con pendente negativa sobre o colector principal, o proxecto precisa da instalación da impulsión necesaria para conducir as augas residuais dende o punto de orixe ata a parte más alta onde conecta coa rede xeral.

Os traballos a realizar inclúen a construción das arquetas de rexistro e a posterior pavimentación da vía, unha vez rematada a instalación da nova rede.