María de la O Fernández (Podemos): "Fixemos unha oposición construtiva e saímos a gañar"

María de la O Fernández. DS
photo_camera María de la O Fernández. DS

Cales son as expectativas?
Nós saímos a gañar. Penso que fixemos unha oposición constructiva, e polo que a xente nos transmite pola rúa, temos unha sensación moi positiva e pensamos que seremos capaces de conseguir unha representación máis ampla.

Cales son as líñas básicas do programa de Podemos?
Queremos basear o noso traballo no sinxelo, e o sinxelo é facer do mantemento o piar básico do proxecto, porque nos damos conta, falando coas asociacións e os colectivos do concello de que é o que queren, e queren unha Vilagarcía limpa e non só no centro. Todos piden o mesmo: sinalización, seguridade viaria, mantemento dos camiños... Invistensen moitas horas en cousas que non lle importan á xente.

E noutros apartados do programa?
Imos presentar un plan de emprego. A vivenda é algo moi importante, e son necesarios espazos para a mocidade.

Como proxectan a campaña?
Organizaremos actos pequenos, como na anterior campaña, pero nesta queremos facer un acto central, que non fixemos fai catro anos. Traballaremos porta a porta porque os recursos son os que son.

Como valora o traballo no mandato anterior?
Fixemos unha oposición constructiva e seria. Sendo eu a única concelleira, moitas das mocións que presentamos aprobáronse por unanimidade e a maioría foron adiante. Falta que se executen.

Se o PSOE perdera a maioría absoluta, que papel xogaría Podemos?
Teríamos que ver se somos capaces de chegar a un acordo, sempre partindo do noso programa e establecendo determinadas liñas vermellas.