Marea da Vila lamenta que Alberto Varela "permita a mentira de maneira habitual"

María de la O Fernández González: "É mala fe que o Goberno Local, en vez de dar contas, poña o foco nas traballadoras do Concello"
María de la O Fernández González. PODEMOS-MARÍA DA VILA
photo_camera María de la O Fernández González. PODEMOS-MARÍA DA VILA

Podemos-María de Vila ven de responder ás explicacións do Goberno Local sobre o retraso recorrente no envío das actas da Xunta de Goberno Local, aclarando que a concelleira María de la O Fernández González preguntou polo mesmo no pleno de xuño e non houbo respota. A formación considera que existe "mala fé cando se ás traballadoras do Concello no momento en que se lles pregunta polo seu incumprimento da Lei".

"O Goberno Local perdeu unha ocasión estupenda de manter a boca pechada”, afirma María de la O Fernández González, quen explica que a pregunta sobre as actas da Xunta de Goberno Local produciuse no pleno de xuño no espazo de rogos e preguntas e  que non se recibiu contestación, “tal e como se pode comprobar na vídeoacta”, nin se contestou no pleno seguinte.  Aclara a formación que ao día seguinte de dita intervención, o 1 de xullo, a oposición recibiu, de forma simultánea, 6 actas, comezando pola do 16 de maio, o que supón un mes e medio respecto á celebración da mesma. “Deste modo, como pretende o Goberno Local que a oposición poida exercer a pertinente fiscalización?”.

Podemos considera mala fe que “o Goberno Local, en vez de dar contas, poña o foco nas traballadoras do Concello, algo que non é a primeira vez que fai este goberno”. Ademais, María de la O Fernández González reprocha “que se falte á verdade, unha e outra vez, e que Alberto Varela o permita”. Nese , a concelleira recorda que a maioría de forzas da oposición denunciaron a mentira como unha práctica habitual por parte da portavoz do goberno. 

Insisten en Podemos en que o retraso nos envíos das actas “non é excepcional, nin se circunscribe ao periodo vacacional, senón habitual no presente ano”, e poñen como exemplos máis graves os envíos realizados o 11 de febreiro (actas do 10, 17, 24 e 31 de xaneiro), o 1 de xullo (actas do 16, 24, 30 de maio e 6, 13 e 20 de xuño) e 8 de setembro (actas do 26 de xullo e 1,8,18 e 22 de agosto). Por iso pídenlle a Alberto Varela que o seu goberno non descargue a responsabilidade nos traballadores municipais e cumpra a lei, “porque o seu cumprimento non debería ser opcional para o alcalde”.