Luis López e Luísa Piñeiro reúnense coa agrupación municipal popular de Vilagarcía

No encontro, celebrado na noite deste martes, puxéronse en valor as actividades realizadas ata o momento polo grupo municipal
Imaxe da reunión celebrada na sede do PP de Vilagarcía. DS
photo_camera Imaxe da reunión celebrada na sede do PP de Vilagarcía. DS

Na noite deste martes tivo lugar, na sede do Partido Popular de Vilagarcía, un encontro de traballo entre os concelleiros da formación municipal e o presidente provincial, Luís López, e a secretaria xeral, Luísa Piñeiro.

Na reunión púxose en valor o resultado electoral obtido polo equipo de Ana Granja nas últimas eleccións, nas que foi a formación máis votada, e as actuacións realizadas durante estes seis meses. 

Uns meses nos que o Partido Popular de Vilagarcía está en continuo contacto coa veciñanza para buscar solucións aos seus problemas e mellorar os seus servizos.
No encontro tamén se analizaron os temas de actualidade que máis preocupan aos vilagarciáns, así como as estratexias que a formación municipal desenvolverá nas seguintes datas. 

A valoración do encontro foi "moi positiva" grazas á boa sintonía que existe entre o equipo municipal e a dirección provincial.