'O Lar das Palabras' chega a Vilagarcía para promover o uso da lingua galega no ámbito familiar

A actividade celebrarase o vindeiro sábado, 3 de decembro, en dúas sesións e as inscricións ábrense este luns
A actividade está dirixida ao público familiar. JOSÉ LUIZ OUBIÑA/ARQIIVO
photo_camera A actividade está dirixida ao público familiar. JOSÉ LUIZ OUBIÑA/ARQIIVO

A sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía acollerá o vindeiro sábado, 3 de decembro, en horarios de 11.00 e 12.30 senllos obradoiros que baixo o título O Lar das Palabras, que teñen por obxecto a promoción do uso da lingua galega no ámbito familiar. A iniciativa, incluída no programa TeCE Redes, da Xunta de Galicia ao abeiro do Plan Xacobeo 2021-2022, está, polo tanto, dirixida a pais e nais e os seus fillos, estes con idades de 3 a 8 anos. Cada familia realizará o seu propio dicionario en galego co fin de reforzar o vínculo afectivo da familia co idioma.

O aforo é de 25 persoas por sesión. Nelas, os monitores do Lar desenvolverán diversos obradoiros con carácter moi lúdico arredor da lingua. Para asistir, os interesados deben facer unha inscrición moi sinxela: basta con cubrir unha instancia xeral na sede electrónica do concello (sede.vilagarcía.gal) especificando a actividade, a hora da función elixida (11.00 ou 12.30 horas) e o número de participantes). No caso de que o sábado non se teñan cubertas todas as prazas, poderá acceder calquera persoa por rigoroso orde de chegada. O prazo de inscrición comeza o este luns, día 28, e conclúe o venres 2 de decembro.