Josito Porto volta a casa para protagonizar 'Smoke on the Water'

A última produción de Ibuprofeno Teatro ponse en escena o sábado 11 de febreiro a partir das 20.30 horas no Auditorio ▶ A entrada xeral custa 5 euros e os colectivos de xóvenes, maiores e desempregados dispoñen do prezo bonificado a 3 euros

Smoke on the water. DS
photo_camera Smoke on the water. DS

O teatro volve esta fin de semana ao Auditorio de Vilagarcía coa nova produción de Ibuprofeno Teatro, unha compañía xa habitual na praza, e coa presenza de Josito Porto como protagonista da obra. Trátase de Smoke on the water, unha traxicomedia sórdida que conta co atractivo de contar con música en directo. A representación será o sábado 11 de febreiro a partir das 20.30 horas e as entradas xa están á venta en Ataquilla.

Baixo o tútulo do mitico tema de Deep Purple, Santiago Cortegoso dirixe un espectáculo baseado nunha historia que ademais de contar con notas de sexo, drogas e rock and roll, inclúe ingredientes como a enfermidade, violencia, morte e, por suposto, amor. Ademais de Josito Porto, compoñen o electo Belén Constenla, Adrián Ríos e María Costas. A parte musical corre da man de Mon Orencio.

Sinopse
Ritchie (Blackmore) vive ancorado no Rock and Roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie. A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie e clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

Prezos das entradas

Con Smoke on the water ábrese o ciclo de espectáculos programados para o primeiro semestre do ano polo Concello de Vilagarcía e a Agadic a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios. As entradas para asistir ás funcións deste ciclo teñen un prezo reducido de 5 euros, ofertando o Concello o prezo especial de 3 euros para cos colectivos de xóvenes, persoas maiores e desempregados. Os beneficiarios destes descontos deben acreditar a súa condición á entrada da represnetacio´n presentando o carné xoven, o DNI e a tarxeta de desempregado respectivamente.

Os billetes pódense adquirir de forma anticipada a través de Ataquilla. De non esgotarse, tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio dende dúas horas antes do inicio do espectáculo.