Entrevista a Emma Pedreira, Patricia Torrado e Andrea Fernández

"É insultante que nos chamen poetisas"

As poetas Emma Pedreira, Patricia Torrado e Andrea Fernández reivindican o bo uso do termo poeta nas mulleres, a loita pola igualdade e a eliminación de toda discriminación en calquer contexto da vida, na Semana da Muller de Vilagacía
Emma Pedreira, Andrea Fernández e Patricia Torrado rexeitan o uso de 'poetisas' e reclaman o uso de mulleres poetas. D.P
photo_camera Emma Pedreira, Andrea Fernández e Patricia Torrado rexeitan o uso de 'poetisas' e reclaman o uso de mulleres poetas. D.P

Elas son a voz dos sentimentos no verso. Cunha gran e prometedora carreira profesional, estas tres mulleres galegas queren dar forza e impulsar o empoderamento das vilagarciáns na Semana da Muller. 

No caso de Emma Pedreira, é Licenciada en Filoloxía Hispánica, ademais de poeta e narradora. Enmarcada na Xeración do 90, formou parte da Plataforma de Crítica Feminista 'A Sega' entre entre 2016 e 2019. Ademais de colaborar en publicacións galegas como a revista Ligeia. O seu traballo non pasou desapercibido pola crítica e gañou diversos premios. Un dos últimos foi o Jules Verne de literatura infantil con Os corpos invisibles que tamén foi considerado como o mellor libro xuvenil pola revista electrónica Fervenzas Literarias.

Patricia Torrado estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e o Máster en Museoloxía e Museos na Universidade de Alcalá. Experta en conservación e restauración do patrimonio, ademais de activista cultural foi editora en Toxosoutos (2016 a 2019) e colabora en La Voz de Galicia e Nós Diario. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos e en decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra 'Herdar a fala'.

Andrea Fernández Maneiro é unha escritora galega que ten case unha decena de obras a destacar. Pola súa banda, a poeta goza de premios como o de Nuestra musa, la camelia no 2016 e no 2019 foi finalista do premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas. No 2020 obtivo o premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro coa obra Inventario dun adeus. Expiatoria; foron algúns dos premios dos que goza esta poetisa aínda que conta cunha lista de renome de premios. O último deles, datado deste ano, foi o IV Premio de Poesía Eduardo Pondal, 2022, polo libro Voto de silencio.

As tres amenizarán as xornadas desta semana pola igualdade para reivindicar sobre a loita feminista, a eliminación das desigualdades e, respecto ao seu campo, a eliminación de termos como poetisa que , segundo elas indican, son "discriminatorios e unha forma máis de insultar á labor das poetas mulleres".

Que esperan da Semana da Muller?

Andrea Fernández: Non teño expectativas. O mellor que se pode facer nestes casos é non ter ningunha expectativa, así sempre é un éxito. As expectativas son unha cousa malísima. Se non as tes sempre é un éxito.

Por que é tan importante que a muller colla empoderamento, supostamente a estas alturas, na poesía?

Andrea Fernández: Si fora só na poesia... Co que pasou fai uns días en Madrid ou o que está a pasar a diario no mundo... No laboral que cobramos menos, somos discriminadas por todo... Aínda que pareza que avanzamos moito, todo é máis propaganda que real, eh?. As mulleres seguen deixando os traballos  por embarazarse, siguen sendo as coidadoras, é decir, avanzamos?, avanzamos en dereitos sobre o papel, agora a sociedade ten que aprender, precisamente, a exercer esa igualdade. Todos os días nos xornais pódese ver que, eses avances, non son tanto como parecen ser.  Pode parecer, sobre todo ás novas xeracións, que o camiño está feito, pero o camiño acabamos de empezalo.

Por que se escolleu a poesía este ano na Semana da Muller?

Andrea Fernández: Na poesía é un ámbito no que as mulleres continuamos sendo invisibles. A xente coñece poetas, pero poetas mulleres, menos. Afortunadamente, o novel xa a levou unha muller. Só hai que mirar ás Letras Galegas, xa o decía antes Patricia Torrado: hai 102 homes representados nese día e só cinco mulleres, contando a de este ano. Nas letras galegas dende o ano 63 celebrándose e só ahi cinco mulleres. Para que se vexa  que si que somos invisibles na literatura e, sobre todo, na poesía. Cando somos, sobre todo nós, as que habitualmente, é de mulleres.

Por que pensa que a poesía esta tan invisibilizada, no caso das mulleres, a día de hoxe?

Andrea Fernández: Penso que hai moitos factores de que iso aconteza. Moitas. Pero fundamentalmente polo que pasa é porque somos mulleres. Somos poetisas!. Aínda hoxe hai xente que di que somos poetisas e este é un termo absolutamente insultante. É dicir, é un termo que xa desbotaron antes outras mulleres xa que minimizaban o seu traballo. "Ai estas mulleriñas que saíron da casa  e que fan estas cousiñas, deixaas facer". Hai que fixarse  no emprego dos diminutivos. 

Patricia Torrado: Hai que fixarse nas Irmandades da Fala, cando se falan deles nos reportaxes, sempre se falan deles con nome e apelidos e cando se fala delas  non se lle da importancia ao que falan, ao que escriben, nin nada. Só faise referencia a quen acompañan, a súa vestimenta ou si era bonita ou fea.

Emma Pedreira: A memoria das mulleres que tiveron que ver coas Irmandades da Fala  é algo moi recente. As Irmandades están aí dende fai moitos anos e ninguén repara nelas e no seu labor. Elas estaban na directiva, dentro de actos multitudinarios, estaban dando a cara, estaban facendo cambios e isto é un fenómeno que non se empezou a investigar ata fai un par de anos e foi grazas ao traballo doutras mulleres. 

Andrea Fernández: Os homes sempre remiten a outros homes. Rara vez remiten mulleres e iso é moi significativo.

Nestas xornadas  que queredes por é isto en valor?

Patricia Torrado: Non teríamos que facer unha semana da poesía se estivera tan normalizado que as mulleres participan en algún ámbito da mesma maneira que os homes. Interesa metelas dentro do mesmo saco?. A nivel político, editorial, cultural, interesa?. Como é o conto?. 

Vós sentides que como poetas tendes dificultades á hora de facer o voso traballo?

Andrea Fernández: Dende o momento que te chaman poetisa xa che están minguneando o traballo. Moitas veces a min me preguntan: e a ti que outras poetisas che gustan?. Eu dígolles que a min o que, verdadeiramente, me gustan son os poetisos.  E aí podes decir que o termo poetisa está totalmente erradicado. Igual que decimos o médico, a médica; o xornalista, a xornalista... Son cousas que se teñen moi interiorizadas para os homes. 

Patricia Torrado: Normalmente, cando nos chaman poetisas, non facemos caso. Estamos  moi acostumados a dar as cousas por supostas. Por exemplo, chegamos a un colexio e por que teñen que referirse ao conxunto da cativada como nenos e non nenas?, por que cando se di nenas non se sinten eles incluídos?, aínda que haxa unha maioría de nenas que de nenos, a discriminación positiva cara o sexo masculino e nunca cara o feminino. Isto é algo que hai que revisar en tódolos  papeis e en todos os ambientes, a todos os niveis, e é dificilísimo. Xa que, as veces, a nivel márketing e a nivel político, sempre queda todo en pepel mollado. Todos somos moi feministas ata que se demostra o contrario. Como se pode ver é todo unha estratexia económica e política. Non pode ser que ir ao supermercado e ir a comprar unhas maquinillas de afeitar e as de cor rosa custen máis que as azuis tendo os mesmos materiais. A que nivel estamos?. As poetas galegas sempre estivemos aí e, en Galicia, na súa maioría somos mulleres as que nos adicamos a isto, pero só se pon o foco onde interesa ou non.

Andrea Fernández: Preparando hoxe a exposición das "Tecedoras de fías", preguntámoslles ás rapazas que recitaban os fragmentos, se coñecían a algunha das poetas que lían e só coñecían a unha delas xa que lles daba clase. Iso tamén é unha labor que se ten que facer nos colexios, á hora de escoller os libros ou deberíamos de comezar a educar aos adultos que lles dan clase aos rapaces.