Igualdade ofrece formación a 15 mulleres en situación de vulnerabilidade

As interesadas en participar no curso gratuíto de Actividades auxiliares de almacén poden anotarse ata o 26 de abril, tanto de forma online como nas propias dependencias da Concellería
Concello de Vilagarcía de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Concello de Vilagarcía de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía organiza un curso dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade co obxectivo de proporcionarlles a formación necesaria que lles permita mellorar a súa empregabilidade e acceder ao mercado laboral. O curso de Actividades auxiliares de almacén impartirase a partir do 2 de maio e conta de 210 horas lectivas que inclúen clases teóricas e prácticas en empresas. A participación é gratuíta e disponse de 15 prazas. O prazo de inscrición remata o 26 de abril.

A formación que recibirán as alumnas que asistan ao curso consistirá en 170 horas de clases teóricas que se impartirán durante os meses de maio e xuño en horario de mañá. Ao rematar a parte teórica, as alumnas realizarán 40 horas de prácticas en empresas.

O trámite para anotarse ao curso pode realizarse presencialmente na Área de Igualdade do Concello ou de forma online a través da sede electrónica. O modelo de inscrición estará dispoñible na sede electrónica, no taboleiro de anuncios da web municipal e nas dependencias de Igualdade. No caso de que o número de solicitudes superase ao número de prazas, estas concederanse atendendo á valoración por parte do persoal da área, en base aos criterios de vulnerabilidade das mulleres: vítimas de violencia de xénero, paradas de longa duració ;n, mulleres con discapacidade, ingresos mensuais, e responsabilidades familiares…,entre outros.