O IES O Carril inaugura un mural pola integración

Mural IES O Carril. DS
Na obra participaron alumnos do Bacharelato de Artes Plásticas tanto do curso pasado como do actual

O pasado venres 9 de decembro, o IES O Carril inaugurou un mural adicado á integración. Nesta obra fica plasmado un proceso creativo no que estivo implicado alumnado do Bacharelato de Artes Plásticas do curso previo, ademais deste curso actual.

Na inauguración atopáronse ambos grupos, cinguidos polo labor común nun mural no que está patente o seu legado de cooperación artística. O centro celebra así a culminación dun proceso creativo impulsado polo Departamento de Plástica, co apoio do equipo de Igualdade e Convivencia, a través do que o alumnado implicado profundizou nos conceptos de "diversidade" e "inclusión" como punto de partida para logo, plasmar as súas achegas nunha linguaxe plástica que integrase a todas e todos os membros do grupo creativo matriz da asignatura de procedemientos pictóricos do curso 21/22.

A profesora que dirixiu o proxecto quixo agradecer a entrega do alumnado e o apoio do equipo de Igualdade e Convivencia do Centro.