A idade dourada do pop español regresa co espectáculo 'El Musical de los 80s 90s'

A divertida comedia musical recupera temas clásicos do mellor pop español, as cancións do verán que máis soaron e tamén éxitos internacionais ▶ O show terá lugar o vindeiro sábado 3 de febreiro ás 21.00 horas

 

El Musical de los 80s 90s. CEDIDA
photo_camera El Musical de los 80s 90s. CEDIDA

O mellor da "movida" revivirá o sábado, 3 de febreiro, no Auditorio Municipal de Vilagarcía grazas a El musical de los 80s 90s, un espectáculo que a modo de comedia recupera a música dos grupos xa míticos da época e que forman parte da cultura popular. Os grandes clásicos do pop español, as pegadizas cancións do verán e tamén moitos dos éxitos internacionais da idade dourada do pop e do rock conforman a banda sonora e dan contexto ao fío argumental deste divertido espectáculo. As entradas están á venta con desconto na compra anticipada.

A popularidade das cancións incluídos neste musical fai que o espectáculo se converta nunha experiencia compartida entre os personaxes e o público, que cantarán e bailarán durante hora e media de diversión, tal como acontece en cada unha das funcións que leva representado por escenarios de toda España.

Sinopse da obra

A inauguración dun bar é a escusa perfecta para organizar o reencontro dos amigos e amigas do instituto que terminaron os seus estudios fai 25 años, comezando xuntos no 90. La Movida del Bacalao é a sé onde se reúnen para recordar unha época que marcou a vida dos seus protagonistas, ao ritmo da mellor música daquela xuventude, onde non existían redes sociais. Co recordo de entón, a realidade demostra que a vida deses antigos amigos e amigas cambiou moito respecto ao que esperaban (uns máis que outros), pero eles no fondo seguen sendo os mesmos.

Prezos
A entradas poden adquirirse anticipadamente a través de Ataquilla a 16, 14 e 12 euros, nas zonas A, B e C do patio de butacas respectivamente. De non esgotarse antes poderán adquirirse o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19.00 horas (o espectáculo comeza ás 21.00) a 19, 17 e 15 euros. En ámbolos dous casos aplícanse gastos de xestión.