O Hospital do Salnés xa conta co novo equipo de TAC de última xeración

O novo equipo, que incorpora tecnoloxías de última xeneración, ten moitas capacidades clínicas e unha redución de dose de radiación de ata un 82 por cento
Nuevo TAC Salnés. XUNTA
photo_camera Instalación del nuevo equipo. XUNTA

O Hospital comarcal do Salnés recibiu hoxe o novo equipo de tomografía axial computerizada (TAC) que comezará a instalarse e ensamblarse de xeito inmediato, para poder activalo antes do final deste ano 2022. A devandita nova aparataxe está destinada a renovar alta tecnoloxía xa dispoñible neste centro hospitalario arousán, que xa contaba cun tempo de actividade operativa superior aos 10 anos. 

O novo TAC vai ser o primeiro equipo que se instale na Área Sanitaria dentro do programa de renovación de Alta Tecnoloxía de equipamento electromédico do Plan INVEAT -plan de inversión en equipos de alta tecnoloxía sanitaria no sistema nacional de saúde-. 

Este novo equipo, que incorpora tecnoloxías de última xeneración, ten moitas capacidades clínicas e unha redución de dose de radiación de ata un 82 por cento. Ademáis, este equipo de tomografía axial computerizada incorpora unha tecnoloxía exclusiva de posicionamento do paciente baseado en intelixencia artificial. O devandito sistema mellora os tempos de traballo dos profesionais e aumenta a calidade da resolución dos estudos. 

Ademais, o novo equipo permite aplicacións clínicas que non presenta o TAC anterior, caso da posibilidade de efectuar estudos cardíacos, estudos de perfusión cerebral para o Código Ictus, á vez que incorpora sistemas de intervencionismo -pode realizar puncións, biopsias e drenaxes-.

Tecnoloxía de intelixencia artificial

O novo TAC do Hospital do Salnés tamén dispórá dun sistema de nova xeración baseado en tecnoloxía de intelixencia artificial, que optimiza o fluxo de traballo para mellorar a facilidade de uso, incrementando a adquisición de imaxes e sistemas postprocesado, o que lle permitirá unha maior precisión nos estudos diagnósticos.