O Hospital do Salnés activará unha consulta específica de lactación materna

Ten a súa localización no primeiro andar e conta cunha matrona que prestará asesoría en lactación materna en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ▶ Efectuará actualización e seguemento das lactacións maternas, asesorando ás xestantes en alimentación e coidados do recén nado
Hospital Salnés Vilagarcía. SAMUEL CARDALDA
photo_camera Hospital do Salnés. SAMUEL CARDALDA

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés activará asistencialmente o vindeiro luns 16 de xaneiro no hospital comarcal de O Salnés unha consulta específica de lactación materna, que promocionará e protexerá todo o relativo a esta importante práctica alimenticia para os bebés das mulleres arousás.

O emprazamento desta nova consulta de lactación materna no centro sanitario público arousán ten a súa localización no primeiro andar e conta cunha matrona que prestará asesoría en lactación materna en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. A nova consulta dispón de mobiliario específico, así como un cambiador para os bebés e material didáctico e técnico para o fomento da lactación materna.

Seguemento das lactacións e asesoramento ás xestantes

Dita consulta, que será programada, disporá así mesmo de marxe para efectuar consultas telefónicas, efectuando actualizacións e seguemento das lactacións maternas, asesorando ás xestantes en alimentación e coidados do recén nado, sendo referente no distrito sanitario de O Salnés e para os profesionais de Atención Primaria.

Esta nova consulta de lactación materna tamén velará pola detección de signos de risco dunha lactancia materna pouco efectiva ou con dificultades, establecendo criterios de inclusión na axenda da consulta para dito control e seguemento da lactación, dispoñendo así mesmo de axenda propia con prestacións determinadas. 

Desde esta nova consulta xestionaráse tamén un cuestionario efectuado 48 horas despois das altas hospitalarias obstétricas, monitorizando contínuamente os indicadores da acreditación IHAN que ten o hospital do Salnés -Iniciativa para a Humanización da Asistencia ao Nacemento e Lactancia- efectuando unha memoria de actividades relacionadas coa lactación materna durante todo o ano no distrito sanitario arousán.