O Hospital do Salnés activa mañá o seu novo equipo de TAC de última xeración

O novo TAC incorpora unha tecnoloxía exclusiva de posicionamento do paciente baseado en intelixencia artificial, mellora os tempos de traballo dos profesionais e aumenta a calidade da resolución dos estudos

O novo equipo de Tomografía Axial Computerizada (TAC) do Hospital del Salnés. DS
photo_camera O equipo instalaráse mañá no centro vilagarcía. DS

O Hospital comarcal do Salnés activará mañá, martes 20 de decembro, o seu novo equipo de tomografía axial computerizada (TAC), toda vez que rematou o proceso de instalación e ensamblaxe desta aparataxe, cumprindo deste xeito o compromiso de activación operativa da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés para antes do final deste ano. Este novo equipo renova a tecnoloxía que prestaba servizo no centro hospitalario arousán, que xa contaba cun tempo de actividade operativa superior aos 10 anos. 

O novo TAC do Hospital comarcal do Salnés é o primeiro equipo que se instala na Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés dentro do programa de renovación de Alta Tecnoloxía de equipamento electromédico do Plan INVEAT. 

O novo equipo, que se activa asistencialmente mañá martes, incorpora unha tecnoloxía exclusiva de posicionamento do paciente baseado en intelixencia artificial. O devandito sistema mellora os tempos de traballo dos profesionais e aumenta a calidade da resolución dos estudos. 

Ademáis, esta tomografía axial computerizada incorpora tecnoloxías de última xeneración, con moitas capacidades clínicas e unha redución de dose de radiación de ata un 82 por cento. 

Máis aplicacións clínicas

O novo novo TAC do Hospital comarcal do Salnés tamén permite aplicacións clínicas que non presentaba o aparato anterior, caso da posibilidade de efectuar estudos cardíacos, estudos de perfusión cerebral para o Código Ictus, á vez que incorpora sistemas de intervencionismo, podendo efectuar biopsias, drenaxes e puncións.

Así mesmo, o novo TAC do hospital arousán tamén dispón dun sistema de nova xeración baseado en tecnoloxía de intelixencia artificial, que optimiza o fluxo de traballo para mellorar a facilidade do seu uso, incrementando a adquisición de imaxes e sistemas postprocesado, o que lle permite unha maior precisión nos estudos diagnósticos.