Entrevista a Carlos Puga

"Hai que ser moi prudente á hora de coller cogomelos e máis se vas só"

Carlos Álvarez Puga fala sobre as actividades que se fan dende a agrupación Cantarela neste outono no que os cogomelos comezan a aparecer nos montes galegos
 
(20221117_JLO_0147.JPG)  Salnes Entrevista Carlos Puga Asociacion Micoloxica10323
photo_camera Carlos Álvarez Puga. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Carlos Álvarez Puga é o presidente da agrupación Micolóxica Cantarela dende hai 40 anos e un recoñecido persoeiro da cidade de Vilagarcía que anteriormente foi profesor.

Como está sendo este outono para a micoloxía?
Atopámonos con tanta seca e tanta calor que foi nefasto, moi pobre en cogomelos. Aínda a piques de comezar a nosa exposición segue sendo pobre, comezaron agromar os cogomelos agora despois de ter 20 días de chuvia e parece que empeza a haber abundancia de algunhas especies en concreto. Doutras, das que houbo unha gran produción en anos anteriores,aínda non temos ningunha debido a que a meteoroloxía non é apropiada para que nazan. Necesitan máis humidade e variación nas temperaturas.

Que acollida teñen as actividades da asociación Cantarela? Hai afección pola micoloxía?
A xente ten interese, visita as nosas exposicións e a mocidade tamén acostuma a vir ás conferencias. Despois nas actividades no monte xa participamos case sempre os mesmos. É certo que na sociedade xente nova non entra, pero si que adoitan acudir ás charlas.

A xente ten interese, visita as nosas exposicións e a mocidade tamén acostuma a vir ás conferencias

Hai uns días coñecimos ao ganador do concurso de fotografía.
Si, houbo 3 gañadores. O primeiro premio foi para Jose Luis, de Bertamiráns, o segundo para  Daniel Alonso, de Santander, e o terceiro para Einido Sanvicente, de Guipúzcoa. Recibimos fotos de moitos sitios, tanto de Galicia como de outros lugares de España, chegaron imaxes dende diversas cidades coma Jaén, Santander, todo o País Vasco, Salamanca ou Extremadura.

Tamén colaboran cos centros escolares a través dun concurso de debuxo e fan unha exposición de maquetas.
Nós mandamos aos centros escolares de Vilagarcía láminas para que eles debuxen. Este ano mandamos un total de 1.800 láminas, seleccionamos 240 debuxos de entre toda a rapazada participante e entre estes imos repartir 24 premios. Antes facíamos este certame a nivel provincial e incluso galego pero non daba moito resultado e recibíamos poucos debuxos así que decidimos facer as láminas nós e así os rapaces e rapazas anímanse máis.

Con respecto ao apartado das maquetas consiste en representar nun taboleiro que lles damos nós de 1mx80cm calquera eido da natureza pero as figuriñas que saen non son personas, sempre son cogomelos feitas con plastilina ou outro material. Como por exemplo cogomelos nunha festa, no fútbol ou noutros eventos. O ano pasado cando aconteceu o incidente do volcán na Palma representaron aos cogomelos baixando polo volcán. Non é un concurso como tal e está aberto a toda a rapazada, independentemente do ano que cursen. Nós como premio ao centro que o manda facemoslle un agasallo.

Este ano mandamos un total de 1.800 láminas, seleccionamos 240 debuxos de entre toda a rapazada participante e entre estes imos repartir 24 premios

Como vai a ser a Festa dos Cogomelos deste ano?
Na xornada preparamos o produto protagonista de 4 maneiras distintas. As persoas que se achegaron ata o evento puideron coller unha cazoliña cun vale para tomar o viño por 7 euros. Pasamos a mañá na Praza de Peixeiría e realizamos o concurso de cociña que xa vai pola trixésimo séptima edición. Tamén houbo unha exposición de cestas de outono que é participativa máis que competitiva. A raíz do concurso de cociña foi cando collimos a idea de facer a festa e facer a cita máis grande. Ademais o día 27 temos o remate destas xornadas cunha comida no Asador Acebo e o día anterior terá lugar a entrega de agasallos e premios ás persoas participantes.

En que consisten as actividades que fan en primavera?
Son catro saídas de sendeirismo distintas que duran un día .Dúas fanse en coches particulares e dúas en autobús a distintos puntos de Galicia e Portugal. Despois facemos unha salida de 4 ou 5 días por outras partes do territorio nacional. O ano pasado estivemos no sur de Portugal, en cada edición tentamos visitar un sitio novo.

Vai haber algunha actividade nova con respecto a outro anos?
Non se nos ocurriu ningunha para este ano pero probablemente teñamos que poñernos a pensar en que o vindeiro ano é o 40 aniversario da Asociación e queremos facer algo especial. A verdade é que pillounos todo a traspé porque tiñamos unha programción que non puidemos levar a cabo nos sitios apropiados porque están sendo utilizados por personal que traballa nas obras que está a haber en Vilagarcía.

O vindeiro ano é o 40 aniversario da Asociación e queremos facer algo especial

Que recomendacións fai a alguén que sexa novato en coller cogomelos e decida ir neste outono?
En primeiro lugar hai que ser moi prudente e é moi importante que recolla só aqueles cogomelos que coñeza ben. No caso de ir acompañado, pode apoiarse tamén nos coñecementos da persoa coa que realiza a saída e decidir deliberadamente os exemplares que recoller. Ademais, non é recomendable fiarse totalmente dos libros, son unha axuda pero non a solución a todo. 

Unha boa opción é informarse  asistindo a conferencias ou exposicións porque aí van ver os cogomelos en distintas etapas de desenvolvemento. No campo só o vai a ver con un só aspecto e ao mellor a foto do libro non corresponde ca etapa na que se atopa o cogomelo, sempre é conveniente ir con alguien que sepa máis ca nós e nunca comer nada baixo a mínima sospeita de que pode ser malo.

Ca cesta propiciase que o cogomelo poida soltar esporas, facilitando a súa reprodución e posterior xerminación en vindeiras tempadas

Tamén é fundamental ir ao monte cunha cesta e non cunha bolsa de plástico. De feito está prohibido pola normativa galega de montes e pode ser motivo de multa aínda que non é unha normativa moi esixente. Ca cesta propiciase que o cogomelo poida soltar esporas, facilitando a súa reprodución e posterior xerminación en vindeiras tempadas.